Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
O subdelegado do Gobierno en Ourense preside xunto coa Delegada Territorial da Xunta a reunión de control de entrada de uva foránea
21/09/2018
Emilio González apuntou que os controis por parte dos corpos e forzas de seguridade incrementaranse, especialmente na quenda de noite
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, presidiron esta mañá unha reunión de coordinación para o control de uva foránea, en coincidencia co inicio da vendima. Na mesma, participaron tamén: Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias; Inspector Xefe de Grupo da Policía Autonómica, Breogán Rivo; Comisario Xefe do CNP, Juan Carlos Blázquez; Comandante Xefe da Xefatura Funcional de operación, policía xudicial e información da Garda Civil, José Fermín; Xefe do SEPRONA, Pablo Medela; e representantes dos 4 Consellos Reguladores da Denominación de Orixe: Juan Casares (Ribeiro), Marta Villén (Ribeira Sacra), Natalia González (Monterrei), e Marcos Prada (Valdeorras).
No transcurso da reunión a medida que os participantes interviron, se intercambiaron puntos de vista constructivos para poder optimizar a vixilancia e control da uva foránea, feito fundamental para garantir a denominación de orixe, que sutenta a calidade e prestixio recoñecido no viño.
O subdelegado, quen destacou de vital importante para a economía e imaxe da nosa provincia as denominacións de orixe do viño, sintetizou ó remate da reunión as seguintes conclusións:
-Aumentarase a presenza física dos corpos e forzas de seguridade no ámbito das catro denominacións de orixe.
-Establecerase un protocolo que dará lugar a una canle de comunicación áxil, fluída e directa entre todos os participantes da reunión para que os controis sexan máis eficaces.