Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2018 > Septiembre > O subdelegado do Gobierno en Ourense preside xunto coa Delegada Territorial da Xunta a reunión de control de entrada de uva foránea
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
O subdelegado do Gobierno en Ourense preside xunto coa Delegada Territorial da Xunta a reunión de control de entrada de uva foránea
21/09/2018
Emilio González apuntou que os controis por parte dos corpos e forzas de seguridade incrementaranse, especialmente na quenda de noite
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, presidiron esta mañá unha reunión de coordinación para o control de uva foránea, en coincidencia co inicio da vendima. Na mesma, participaron tamén: Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias; Inspector Xefe de Grupo da Policía Autonómica, Breogán Rivo; Comisario Xefe do CNP, Juan Carlos Blázquez; Comandante Xefe da Xefatura Funcional de operación, policía xudicial e información da Garda Civil, José Fermín; Xefe do SEPRONA, Pablo Medela; e representantes dos 4 Consellos Reguladores da Denominación de Orixe: Juan Casares (Ribeiro), Marta Villén (Ribeira Sacra), Natalia González (Monterrei), e Marcos Prada (Valdeorras).
No transcurso da reunión a medida que os participantes interviron, se intercambiaron puntos de vista constructivos para poder optimizar a vixilancia e control da uva foránea, feito fundamental para garantir a denominación de orixe, que sutenta a calidade e prestixio recoñecido no viño.
O subdelegado, quen destacou de vital importante para a economía e imaxe da nosa provincia as denominacións de orixe do viño, sintetizou ó remate da reunión as seguintes conclusións:
-Aumentarase a presenza física dos corpos e forzas de seguridade no ámbito das catro denominacións de orixe.
-Establecerase un protocolo que dará lugar a una canle de comunicación áxil, fluída e directa entre todos os participantes da reunión para que os controis sexan máis eficaces.