O subdelegado do Gobierno en Ourense preside xunto coa Delegada Territorial da Xunta a reunión de control de entrada de uva foránea

Imaxe da reunión

21/09/2018


Emilio González apuntou que os controis por parte dos corpos e forzas de seguridade incrementaranse, especialmente na quenda de noite


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, presidiron esta mañá unha reunión de coordinación para o control de uva foránea, en coincidencia co inicio da vendima. Na mesma, participaron tamén:  Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias; Inspector Xefe de Grupo da Policía Autonómica, Breogán Rivo; Comisario Xefe do CNP, Juan Carlos Blázquez; Comandante Xefe da Xefatura Funcional de operación, policía xudicial e información da Garda Civil, José Fermín; Xefe do SEPRONA, Pablo Medela; e  representantes dos 4 Consellos Reguladores da Denominación de Orixe: Juan Casares (Ribeiro), Marta Villén (Ribeira Sacra), Natalia González (Monterrei), e Marcos Prada (Valdeorras).

No transcurso da reunión a medida que os participantes interviron, se intercambiaron puntos de vista constructivos para poder optimizar a vixilancia e control da uva foránea, feito fundamental para garantir a denominación de orixe, que sutenta a calidade e prestixio recoñecido no viño.

O subdelegado, quen destacou de vital importante para a economía e imaxe da nosa provincia as denominacións de orixe do viño,  sintetizou ó remate da reunión as seguintes conclusións:

-Aumentarase a presenza física dos corpos e forzas de seguridade no ámbito das catro denominacións de orixe.

-Establecerase un protocolo que dará lugar a una canle de comunicación áxil, fluída e directa entre todos os participantes da reunión para que os controis sexan máis eficaces.