Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
Goberno e Concello colaboran para mellorar a eficiencia enerxética de edificios públicos en Ourol
06/05/2021
Isabel Rodríguez e Luis Pajón reuníronse para avaliar a marcha dos proxectos que financia o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no municipio
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concedeu 142.350 euros de subvención ao Concello de Ourol para a rehabilitación e a mellora enerxética da Casa Consistorial, o Centro Social e o Edificio Multiusos
O Concello adxudicou nos últimos días os dous proxectos que suporán o investimento de máis de 150.000 euros para a instalación dun sistema de climatización con bomba de calor e a substitución de portas e ventás
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Ourol, Luis Pajón, reuníronse hoxe na Casa do Concello para avaliar a marcha dos proxectos que ten en marcha o Goberno local contando coa colaboración do Goberno e o Concello..
A subdelegada destacou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, respalda economicamente diversas actuacións do Concello de Ourol para mellorar a eficiencia enerxética de equipamentos municipais. O Ministerio concedeulle axudas por importe de 142.350 euros para a realización dos seguintes proxectos: rehabilitación enerxética da envolvente térmica da Casa Consistorial e Centro Social de Ourol e mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de climatización dos edificios da Casa Consistorial, Centro Social e Edificio Multiusos.
A subdelegada felicitou ao alcalde pola sensibilidade que demostra ao desenvolver estas iniciativas que permitirán a redución de emisións contaminantes no municipio.
Luis Pajón explicou que o apoio económico do Ministerio é fundamental para que o Concello poida acometer actuacións desta envergadura en materia de eficiencia enerxética, coas que, ademais de apostar polo medio ambiente, se poderán facer importantes aforros na economía municipal.
O alcalde tamén informou de que o Concello xa adxudicou nos últimos días os dous proxectos, que contarán con un investimento total de 150.068 euros.
A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de climatización, mediante bomba de calor, dos edificios da Casa Consistorial, o Centro Social e o Edificio Multiusos, foi adxudicada en 96.140 euros á empresa Esqueiro SL e a rehabilitación enerxética da envolvente térmica da Casa do Concello e o Centro social, nos que se cambiará a carpintería de ventás e portas por outras con rotura da ponte térmica, adxudicouse en 53.928 euros á firma José Saa SL.
Estes proxectos do Concello de Ourol serán cofinanciados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do IDAE, e polo Concello que tamén se fai cargo da execución das obras.