Isabel Rodríguez traslada el reconocimiento del Gobierno al jefe de la Policía Local de Lugo por su colaboración durante la pandemia

Imaxe da subdelegada con alcaldesa e xefe Policía Local de Lugo

26/04/2022

A subdelegada felicita á alcaldesa, Lara Méndez, e aos cidadáns de Lugo por ter a un profesional como Piñeiro ao mando da Policía Local


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, trasladou hoxe o recoñecemento do Goberno ao xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro, pola súa colaboración na protección dos cidadáns durante a pandemia. A subdelegada participou esta mañá no Concello, xunto á alcaldesa, Lara Méndez, no acto de entrega da Cruz da Orde do Mérito Civil concedida polo Ministerio de Asuntos Exteriores ao  *intendente xefe da Policía Local. Ao acto, celebrado no salón de sesións, asistiron membros da Corporación, representantes da Policía Local e familiares do homenaxeado.

Isabel Rodríguez destacou o compromiso coa cidadanía de Piñeiro que *ejemplificó no labor desenvolvido durante a pandemia. “Eu tiven a oportunidade de vivir estreitamente estes tempos difíciles cos mandos de todos os corpos de seguridade da provincia e nunca esquecerei nin agradecerei o suficiente a súa leal colaboración e toda a axuda profesional que nos brindou para ir facéndolle fronte, entre todos, aos distintos retos que, día tras día, ían aparecendo. A dedicación e a profesionalidade de persoas como Piñeiro e o resto de mandos da Policía Nacional a Garda Civil e a Policía Autonómica cos que tiven a sorte de traballar neses meses tan duros, xunto cos profesionais da saúde e do resto de servizos esenciais foron decisivos para garantir e preservar a saúde dos lucenses”, asegurou.


A subdelegada do Goberno felicitou a Jesús Piñeiro, e lembrou que a Cruz da Orde do Mérito Civil, que lle concedeu o Ministerio de Asuntos Exteriores, engádese a outras condecoracións que tamén lle entregou o Goberno, como a Cruz do Mérito da Garda Civil que recibiu no acto do día do Pilar.

Rodríguez deulle o parabén, tamén, á alcaldesa, Lara Méndez, e aos cidadáns de Lugo, por contar cun profesional como Jesús Piñeiro ao mando da Policía Local.