Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Isabel Rodríguez agradece o intenso traballo das forzas de seguridade na provincia durante a emerxencia sanitaria
21/10/2021
A subdelegada do Goberno preside a comisión de coordinación dos dispositivos de seguridade establecidos durante a pandemia, que celebrou a derradeira xuntanza ao levantar a Xunta a emerxencia sanitaria
Durante o mes de outubro a Policía Nacional e a Garda Civil montaron 1.143 dispositivos nos que participaron 3.208 axentes de seguridade
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, agradeceu hoxe o intenso traballo realizado polas forzas e corpos de seguridade na provincia durante os 19 meses de emerxencia sanitaria causada pola pandemia da COVID-19. A subdelegada presidiu esta mañá na Subdelegación do Goberno unha nova xuntanza da comisión de coordinación dos dispositivos de seguridade establecidos por mor da pandemia. A de hoxe foi a derradeira xuntanza da comisión, unha vez que a Xunta anunciou a fin da situación de emerxencia sanitaria en Galicia.
Isabel Rodríguez felicitou aos mandos da Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Autonómica e a Policía Local de Lugo, presentes na xuntanza, polo extraordinario esforzo realizado durante todo este tempo, no que traballaron coordinadamente para asegurar o cumprimento na provincia das restricións establecidas en cada momento polas autoridades sanitarias. A subdelegada fixo extensiva a súa felicitación tamén ao resto de policías locais da provincia que colaboraron nos dispositivos de seguridade.
En canto ás actuacións das forzas de seguridade do Estado, a subdelegada informou de que durante este mes de outubro a Policía Nacional e a Garda Civil montaron 1.143 dispositivos, coa participación de 3.208 axentes. Nestas intervencións realizáronse 17.945 identificacións, foron controlados 15.009 vehículos e practicáronse 1.056 inspeccións en establecementos de hostalaría. Como consecuencia deste operativo de seguridade tramitáronse 35 propostas de sanción.