Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Subdelegación do Goberno en Lugo e o Concello de Pedrafita avanzan nas solucións para o aparcamento na localidade do Cebreiro
20/02/2019
Isabel Rodríguez e José Luis Raposo presidiron a xuntanza na que participaron a Garda Civil, o Subsector de Tráfico e a Axencia de Infraestruras da Xunta
No encontro estudaron o acondicionamento dun aparcamento, a creación dun servizo microbús e a habilitación dunha senda peonil para garantir a seguridade dos peregrinos
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, copresidiron unha xuntanza de representantes das distintas administracións implicadas na que se estudou o problema de tráfico e estacionamento de vehículos no Cebreiro nas datas nas que se produce gran afluencia de visitantes.
A subdelegada e o alcalde manifestaron a súa satisfacción porque a reunión, celebrada esta mañá na subdelegación do Goberno, serviu para avanzar na busca de solucións aos problemas de tráfico e de seguridade dos peregrinos.
Isabel Rodríguez destacou a boa vontade demostrada polas tres administracións participantes na xuntanza –Subdelegación do Goberno, Concello e Xunta de Galicia- e a súa disposición a colaborar para acabar co caos de tráfico que se vive no Cebreiro pola gran aglomeración de vehículos que aparcan na estrada ata o punto de colapsala, una situación que se produce especialmente nas fines de semana nas que se desprazan ata alí multitude de persoas de toda Galicia para gozar da neve.
Pola súa parte, o alcalde explicou que na xuntanza falouse de tres proxectos consistentes na creación dunha zona de aparcamento, dun servizo de microbuses dende Pedrafita e a habilitación dunha senda peonil entre Pedrafita e O Cebreiro para que poidan camiñar por ela os peregrinos con total seguridade.
Ademais da subdelegada e o alcalde, na xuntanza tomaron parte representantes da Garda Civil e o subsector de Tráfico, e por parte da Xunta de Galicia participou o xefe provincial da Axencia Galega de Infraestruturas.
SEGURIDADE DOS PEREGRINOS
A xuntanza para buscar solucións aos problemas de tráfico e seguridade no Cebreiro celebrouse na mesma semana na que se reuniu, na Coruña, a Comisión de Seguridade Vial na ruta Xacobea, presidida polo delegado do Goberno e na que tamén participou a subdelegada do Goberno en Lugo.
Nese encontro, o delegado do Goberno anunciou investimentos do por importe de 13 millóns de euros en 19 actuacións para garantir a seguridade dos peregrinos con vistas ao Ano Santo 2021.
Unha desas actuacións consiste no proxecto de execución de seis pasos inferiores para mellorar a seguridade dos peregrinos en varios cruces do Camiño Francés a Santiago coa N-547 nas provincias de Lugo e A Coruña, concretamente nos concellos de Palas de Rei e Melide. Este proxecto conta con un presuposto base de licitación de 1,8 millóns de euros.