Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Isabel Rodríguez e José Luis Raposo comproban os traballos de rehabilitación do firme da A-6 en Pedrafita
01/07/2021
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana investiu 400.000 euros en arranxar o firme da A-6 danado polos temporais do último inverno
Os traballos realizados en Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla, Begonte e Guiritiz comezaron coa chegada do bo tempo e están a rematar
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprobou hoxe a marcha dos traballos de rehabilitación do firme da Autovía A-6 ao seu paso polo concello de Pedrafita do Cebreiro levados a cabo polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. A subdelegada estivo acompañada na visita, realizada esta mañá, polo alcalde, José Luis Raposo, así como polo xefe da Demarcación de Estradas do Ministerio en Galicia, Ángel González del Río, e pola responsable da Unidade provincial, Beatriz González del Riego.
Isabel Rodríguez explicou que a mellora do firme la A-6 en Pedrafita enmárcase nunha actuación de urxencia aprobada polo Ministerio de Transportes para resolver o problema causado polos sucesivos temporais de chuvia e neve do pasado inverno.
As obras comezaron a finais do pasado mes de maio, unha vez que o permitiu a climatoloxía, e, tal como estaba previsto, rematan neste mes de xullo.
O Ministerio dedicou un investimento de 400.000 euros a estes traballos para a rehabilitación do firme na A-6, que se efectuaron entre os km 431,9 e 463,4. A actuación levouse a cabo nos termos municipais de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá (incluído o entorno do túnel do Cereixal), Baralla, Begonte e Guitiriz.