Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2020 > Abril > Isabel Rodríguez anuncia que os barcos da Mariña poderán pescar 798.727 kilos de xarda este ano, 138.000 máis dos inicialmente previstos
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Isabel Rodríguez anuncia que os barcos da Mariña poderán pescar 798.727 kilos de xarda este ano, 138.000 máis dos inicialmente previstos
23/04/2020
A subdelegada do Goberno informa de que a Secretaría Xeral de Pesca vén de publicar a resolución que aumenta a cota para a flota de artes
A resolución da Secretaría Xeral Pesca, que publica hoxe o BOE, tamén recolle o listado de barcos con topes de captura individual para a campaña 2020
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que aumenta a 798.727 kg a cota de xarda que poderán pescar este ano os barcos da Mariña, tal e como anuncia o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Isabel Rodríguez destacou que son 138.172 kg máis dos 616.230 kg inicialmente previstos os que lle corresponden á flota da Mariña. Tal e como explica o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación este aumento débese á cantidade adicional de cota conseguida por España.
Esta cantidade extra procede, por un lado, da compensación de multa de xarda 2020, da que lle correspondían a Lugo 45.024 kilos, e, por outro, da aplicación da Resolución da Secretaría Xeral de Pesca pola que se reparte a cota adicional obtida por intercambio cos Países Baixos, que establece unha cantidade de 93.148 kilos para a flota de outras artes distintas do arrastre e cerco da provincia de Lugo.
Deste xeito, a cantidade a maiores da inicialmente prevista que lle corresponde este ano á devandita flota da Mariña é de 138.172 kilos, que a Secretaría Xeral de Pesca distribuíu, logo de consultar a Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, reservando 737.104 kg para os barcos que, realizando as súas capturas con liñas de man e/ou cordel, conten con topes de capturas individual.
A Secretaría Xeral de Pesca publica hoxe no Boletín Oficial a resolución na que dá conta do aumento da cota e tamén o listado dos 39 barcos que poden facer pesca dirixida cos topes de captura que teñen asignados cada un deles para a campaña 2020.