Hasiera
>
Ordezkaritzak
>
Gobernuaren Ordezkaritzak
>
Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan
>
Gaurkotasuna
>
Prentsa-oharrak
>
Notas
>
2018
>
Agosto
>
A subdelegada do Goberno en Pontevedra transmite á familia que a Policía vai manter as pescudas para aclarar a desaparición de Sonia Iglesias
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
A subdelegada do Goberno en Pontevedra transmite á familia que a Policía vai manter as pescudas para aclarar a desaparición de Sonia Iglesias
31/08/2018
A Subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, transmitiulle a nai e irmá de Sonia Iglesias que a pesares do cese de Manuel Bouzas como comisario as investigacións e pescudas sobre a desaparición da pontevedresa vanse manter. Así o fixo xunto o comisario provincial, no seu acto oficial antes da xubilación, está mañá no despacho da Subdelegación onde recibiu a Carmen Iglesias e Carmen Eirín, irmá e nai da desaparecida.
Sonia Iglesias desapareceu fai oito anos no centro de Pontevedra sen que dese ese momento se teña sabido nada do seu paradoiro. En febreiro do ano pasado e raíz das pescudas da Policía Nacional e do seu comisario provincial o caso volveuse a abrir pero sen resultado positivo. Por elo a Subdelegada quería transmitirlle á familia da desaparecida que a pesar do cese de Manuel Bouzas o traballo ía continuar. “Aínda que Manuel Bouzas foi unha peza fundamental nas investigacións quería transmitir que esta Subdelegación e a Policía van continuar nas súas pescudas para ter unha solución a desaparición de Sonia Iglesias”, subliñou Maica Larriba.
O comisario pola súa banda destacou que se trata de casos moi complexos pero que estaba convencido que o equipo que traballa no caso terá resultados aínda “que o tempo xoga en contra pero teño a esperanza de que a desaparición sexa aclarada”.
Tamén a irmá de Sonia Iglesias considerou “positivo e esperanzador” o apoio que se lle transmitiu dende a Subdelegación e por parte do comisario provincial “porque aínda que pasaron oito anos non nos importaría esperar outros oito anos si o resultado final é o que todos agardamos, que se xunten as probas necesarias para o culpable sexa posto ante a xustiza. Iso é o que todos esperamos”. “Para nos é un alivio que se siga investigando e me imaxino que para eles tamén é importante darlle fin a un caso que os leva marcando dende fai oito anos”, concluíu Carmen Iglesias.