Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Agosto > Maica Larriba informa das axudas concedidas aos concellos da provincia para a reparación de danos producidos polos temporais de 2019
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Maica Larriba informa das axudas concedidas aos concellos da provincia para a reparación de danos producidos polos temporais de 2019
05/08/2021
En total os concellos da provincia recibirán 128.631,96 euros para reparar os danos producidos nas infraestruturas municipais e redes viarias polas borrascas Cecilia, Daniel, Elsa e Fabien.
A Subdelegación do Goberno en Galicia informou hoxe do financiamento na provincia de 4 proxectos de reparación de danos vinculados aos temporais por un valor de 128.631,96 €. Faino tras a publicación no Boletín Oficial do Estado dunha resolución do Ministerio de Política Territorial.
Con esta resolución pola que se aproba a convocatoria das subvencións, a Secretaría Xeral de Coordinación Territorial dá cumprimento ao Real Decreto 778/2020 polo que se declaraban de aplicación a diversas situacións catastróficas que tiveron lugar entre abril de 2019 e marzo de 2020.
En concreto, en Pontevedra houbo danos en infraestruturas municipais e redes viarias pola borrasca Cecilia de novembro de 2019 e polas borrascas Daniel, Elsa e Fabien do mes de decembro de 2019. Segundo informou a subdelegada, “na provincia son 4 os concellos que presentaron a petición de axudas ao amparo deste decreto de subvencións extraordinarias con proxectos por valor de total de 257.263,94 euros, dos cales son subvencionados 128.631,96 €”.
Por localidades, o concello de Valga recibe 112.343,55 €, o concello de Arbo 13.379,57 €, o Concello de Ponte Caldelas 955,90 € e o Concello de Portas 1.952,94 €.
Larriba destacou que “este tipo de axudas son un exemplo claro da aposta da Administración central por apoiar o municipalismo, que ten en conta, ademais, aquelas situacións extraordinarias e catastróficas que poden afectar aos seus servizos, infraestruturas municipais ou redes viarias, e por tanto a todos os veciños e veciñas”.