Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Abril > José Miñones destaca a relevancia da Coruña para o Exército coa permanencia do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra, que engloba a 12.000 efectivos en toda España
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
José Miñones destaca a relevancia da Coruña para o Exército coa permanencia do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra, que engloba a 12.000 efectivos en toda España
27/04/2021
O delegado do Goberno traslada ao xeneral Arrazola o agradecemento dos galegos e galegas polos servizos das Forzas Armadas en Galicia durante a pandemia
O Mando de Apoio á Manobra (MAM) foi creado o 1 de xaneiro de 2021 como transformación da Forza Loxística Operativa (FLO)
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou unha visita á Capitanía Xeral da Coruña, sede do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra, onde mantivo un encontro co xeneral xefe do Mando, Juan Francisco Arrazola.
O delegado do Goberno trasladou ao xeneral Arrazola o agradecemento dos galegos e das galegas polos servizos que prestaron os distintos exércitos durante a pandemia na Comunidade. Tamén destacou a relevancia de Galicia e, en concreto, da cidade da Coruña para as Forzas Armadas, coa permanencia na mesma da sede do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra (MAM), unidade creada o 1 de xaneiro deste ano como transformación da Forza Loxística Operativa (FLO).
Durante a visita, na que estivo acompañado pola xefa de Gabinete, María Rivas, o delegado reunise co xefe do Estado Maior, o Comandante Militar da Coruña, o xefe da Oficina de Comunicación Pública e o suboficial Maior. Posteriormente, realizaron unha visita guiada polas dependencias máis importantes do edificio histórico da Capitanía, que en 2013 celebrou o seu 250 aniversario.
O MAM está constituído por máis de 12.000 efectivos distribuídos en diferentes ubicacións é pertence á forza Terrestre do Exército de Terra. A súa principal característica é que encadra baixo un mando único ao conxunto de unidades especializadas no apoio ao combate e o apoio loxístico ao combate: Mando de Artillería de Campaña, Mando de Artillería Antiaérea, Mando de Enxeñeiros, Mando de Transmisións, Brigada Loxística (na que se integrará a actual Brigada de Sanidade), Rexemento de Defensa NBQ “Valencia” nº 1 e Rexemento de Intelixencia nº 1. O principal labor de todas estas unidades é a preparación e xeración dos capacitadores que se requiran para integrarse en estruturas operativas conxuntas ou combinadas.