Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Salvamento Marítimo ten controlada a mancha na ría de Arousa
14/10/2020
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co Capitán Marítimo de Vilagarcía, Guarda Civil e Demarcación de Costas.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe un encontro co Capitán Marítimo de Vilagarcía, Manuel Martínez; o xefe da comandancia da Guarda Civil, Simón Venzal; a xefa da unidade de Protección Civil, Natalia del Caño, para coñecer de primeira man a evolución da mancha de hidrocarburos atopada onte na ría de Arousa.
Neste senso, Maica Larriba tras a xuntanza subliñou que a mancha está controlada polos servizos de salvamento e que nesta mañá trabállase en dous puntos nos que se atopan a maior parte da vertedura. Unha primeira zona preto de Punta Touro (Ribeira) onde se atopa o B/S “Don Inda” recollendo os residuos e outra máis preto da illa de Sálvora onde buques da comunidade autónoma recollen o vertido. “Esta mancha localizada en Sálvora non representa perigo para a illa por non estar cerca e por estar moi diluído”, recalcou Larriba.
Por outra parte, a subdelegada indicou que na tarde de onte púxose en alerta tamén a Demarcación de Costas ante a posibilidade de que a vertedura acercarase á costa de O Grove. De feito, Costas activou en pre-alerta o “Plan Ribeira” de contención de hidrocarburos aínda que finalmente non se tivo que poñer en marcha.
Por último, a Guarda Civil a través do Seprona iniciou tamén esta mañá a investigación ante a posibilidade de que a vertedura proceda de terra e non dende o propio mar como nun primeiro momento estimouse no día de onte.
Larriba mantense dende onte martes en contacto permanente coa Capitanía Marítima de Vilagarcía e o servizo de Costas para coñecer a evolución da mancha na ría de Arousa.