Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Pilar López-Rioboo destaca a importancia de que os máis novos coñezan as funcións e as especialidades da Garda Civil
15/11/2019
A subdelegada do Goberno na Coruña asiste en Cerdido a unha exhibición de medios e técnicas da Garda Civil a 150 nenos e nenas deste concello e da contorna
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, celebrou a resposta dos escolares que hoxe participaron nas instalacións do CEIP da Barqueira, no Concello de Cerdido, na exhibición de medios e materiais organizado pola Comandancia da Garda Civil da Coruña. López-Rioboo valorou moi positivamente estas accións formativas da Garda Civil porque serven para dar a coñecer aos máis novos as funcións e servicios que presta este corpo de seguridade á sociedade.
A subdelegada do Goberno estivo acompañada polo alcalde de Cerdido, Benigno Galego, e o tenente coronel da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira.
Durante a mañá, 150 alumnos de Educación Primaria de tres centros educativos desta zona tiveron oportunidade de coñecer os distintos servizos e as especialidades cos que conta a Garda Civil na provincia.
A Cerdido achegáronse escolares dos CEIP A Barqueira, CEIP Igrexa, do Concello de As Somozas e do CEIP Francisco López Estrada, do Concello de Mañón. Na exhibición participaron persoal e medios dos servizos cinolóxico, de Seguridade cidadá, de Tráfico e o SEPRONA.