Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Maica Larriba preside a entrega de diplomas da nova edición de Formación Profesional para persoal militar
08/10/2019
Estes cursos forman parte do convenio entre o Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) e o Ministerio de Defensa, a través da Dirección Xeral de Recrutamento e Ensino Militar ( DIGEREM)
A subdelegada quixo destacar o compromiso na formación complementaria para militares
A Subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu o acto de clausura da nova edición dos Curso de Formación Profesional para o Emprego na Base General Morillo pertencente á Brilat. Acompañada da directora provincial do SEPE, Marta Estrada e do Coronel da Base de Figueirido, Miguel Cortés, fixo entrega dos diplomas aos 75 militares que participaron nos módulos de preparación profesional deste ano.
En concreto, as accións formativas estiveron compostas de formación modular e prácticas non laborais en ámbitos como a atención sanitaria en catástrofes, transporte sanitario, vixiancia e protección de explosivos ou o CAP para o transporte, tanto de viaxeiros como de mercadorías.
Con estes estudos, subvencionados con máis de 150.000 euros, obtense a acreditación laboral suficiente para o futuro profesional do alumnado, tal como destacou a propia Maica Larriba. Precisamente, neste punto foi onde a subdelegada do Goberno quixo facer fincapé ao “sinalar a importancia desta preparación profesional para dar continuidade aos militares de tropa e mariñeiría de servizo temporal do noso exército, adquirindo instrumentos formativos para a súa futura reincorporación á actividade civil”.
Finalmente, Larriba felicitou ao conxunto de participantes deste ano “polo seu esforzo en compaxinar estudos e o seu traballo na base militar e animou á continuidade deste proxecto interministerial”.