Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Maica Larriba garante a máxima colaboración e coordinación co concello de Cangas en materia de seguridade cidadá
02/07/2019
Durante esta mañá as dúas administracións mantiveron unha xuntanza para analizar a situación que vive a localidade motivada pola falla de persoal na Policía Local
A subdelegada de Goberno, Maica Larriba, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cangas, Manuel Pazos, para analizar a situación en precario que sofren os efectivos responsables da seguridade cidadá nesta localidade, como consecuencia das xubilacións que se produciron no corpo da Policía Local.
Nunha reunión que se celebrou na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a subdelegada, en todo caso, transmitiulle ao alcalde a máxima disposición e colaboración da Subdelegación na seguridade dos veciños e veciñas da localidade. Larriba dixo ser consciente da necesidade de colaborar en situacións puntuais ata que poidan ter unha resolución definitiva en canto á organización do persoal e para iso tamén contan “co apoio e a coordinación dos corpos e forzas de seguridade do Estado”. Para esta colaboración puntual vai contar coa presenza reforzada de efectivos da Garda Civil que completarán os servizos de vixiancia e seguridade en Cangas.
Por este motivo tamén estiveron presentes na reunión a directora provincial da DGT, Paula Yubero; o xefe accidental da Garda Civil e o capitán do subsector de Tráfico, Leovigildo Villares.
Maica Larriba sinalou a importancia na colaboración de tódalas administracións para que a campaña estival na provincia teña a seguridade e benestar que se merece pero tamén recordou as competencias dos concellos sobre as súas vías en materia de tráfico.