Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2018 > Noviembre > Sorpresa do subdelegado do Goberno en Ourense ante as declaracións dos representantes do PP no Congreso, tras máis de sete anos de abandono da provincia mentres gobernaron
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Sorpresa do subdelegado do Goberno en Ourense ante as declaracións dos representantes do PP no Congreso, tras máis de sete anos de abandono da provincia mentres gobernaron
15/11/2018
O subdelegado de Goberno en Ourense agradece a preocupación polas infraestructuras da provincia por parte dos populares, pero se pregunta porqué abandonaron Ourense mentres gobernaron máis de 7 anos con mayoría no Estado
Emilio González Afonso informa dalgúns proxectos avanzados e en construcción que o actual Goberno executou tras só uns meses no Executivo
O subdelegado do Goberno, González Afonso, expresou hoxe o agradecemento aos populares ante a repentina preocupación sobre as infraestructuras da provincia, totalmente abandonadas nos últimos 7 anos de goberno do PP con mayoría absoluta.
O subdelegado indica que a repentina preocupación dos populares nestes meses do novo goberno socialista, debe causar unha evidente sorpresa á cidadanía que se cuestiona o motivo de tal abandono durante tantos anos de goberno cunha solvente maioría que lle permitiu levar a cabo una rexeneración na provincia que non se fixo.
Sorpresa xa que se cuestiona o porqué de que os representantes do PP non manifestaran a mesma preocupación durante o longo período de exercicio do seu goberno de maioría.
Por todo iso, Emilio González Afonso invita ós representantes populares a que fagan una profunda autocrítica de cómo deixaron abandonada todos estes anos a provincia de Ourense, a gran esquecida do mapa nacional.
Así mesmo pon de manifesto a vontade firme de continuar impulsando os proxectos iniciados na provincia para sacalos do esquecemento histórico nos que se mantiveron nos últimos anos. Mostra de elo, as obras executadas e en execución de melloras en conservación e rehabilitación de firme nas distintas estradas nacionais e autovías que cruzan a provincia.
Ademáis, está en proxecto da A-56 o tramo Lugo-Ourense (tramo variante Norte de Ourense) cos dous tramos en proxecto de construcción en redacción, e dentro da execución destas obras se permitirá efectuar a cesión ó concello de Ourense dun tramo da N-120 que posibilitará desenvolver o Boulevard Termal municipal.
A conexión no Barco de Valdeorras N-120 e N-536 será prioritaria dito nun comunicado polo Secretario de Estado de Infraestructuras a licitar de xeito inminente.
Ademáis, dende este Goberno se impulsará a realización dos estudos e proxectos pendentes e necesarios para que o máis axiña posible a A-56 sexa una realidade na nosa provincia.