Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
O subdelegado do Goberno en Ourense felicita ao capitán Norberto Aser González Trigo polo seu ascenso
15/10/2020
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, mantivo un encontro esta mañá co capitán xefe interino do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, Norberto Aser González Trigo, ao que lle transmitiu a súa máis sincera felicitación polo seu recente ascenso.
Na reunión o subdelegado do Goberno destacou a gran labor do ata agora tenente do Subsector de Tráfico e agradeceulle o traballo realizado durante todos estes anos na provincia de Ourense. Emilio González lembrou que o capitán Norberto Aser González Trigo foi condecorado en decembro de 2019 coa medalla ao Mérito de Protección Civil na súa categoría de Bronce con distintivo azul polas actuacións levadas a cabo nos incendios forestais que se produciron en outubro de 2017 na provincia.
O subdelegado do Goberno expresou o seu convencemento de que o capitán Norberto Aser González Trigo, que nas próximas semanas coñecerá o seu novo destino, obterá excelentes resultados no desempeño do seu cargo.
Por último, Emilio González quixo trasladar o seu recoñecemento persoal e institucional aos efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense polo esforzo e polo traballo levado a cabo a través dos dispositivos de control da mobilidade dende o día oito de outubro, así como durante o estado de alarma e o proceso de nova normalidade.