Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2019 > Octubre > Maica Larriba visita a praia de A Lamiña en A Guarda onde Costas vai realizar unha actuación de urxencia para evitar a degradación do areal
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
Maica Larriba visita a praia de A Lamiña en A Guarda onde Costas vai realizar unha actuación de urxencia para evitar a degradación do areal
21/10/2019
O alcalde, Antonio Lomba, acompañou á subdelegada do Goberno xunto a responsables da xefatura territorial de Costas na praia onde recibiron explicacións do proceso construtivo
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañada do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, recibiron hoxe as explicacións da xefatura territorial de Costas sobre a actuación de urxencia que van a acometer na praia de A Lamiña en Camposancos.
A praia, tal e como puido comprobar a propia subdelegada persoalmente, está sufrindo unha erosión do Río Miño que pode chegar a provocar a desaparición de todo o areal e incluso que o río se adentre no piñeiral cercano nunha zona con catalogación de Rede Natura.
Esta actuación de urxencia, que desenvolverase nos próximos días, vai crear un dique duns setenta metros de longo conformado por pedras de dous mil quilos sobre unha cuberta de xeotextil. O orzamento da actuación achegase aos 130.000 euros e vaise facer pola empresa Tragsa rematando o próximo 20 de novembro.
Maica Larriba comprobou esta mañá xunto co alcalde de A Guarda a situación na praia onde varios árbores atópanse a piques de caer a auga ao quedar as súas raíces o aire polo efecto da auga que vai eliminando a area da praia e do sistema dunar con que goza Camposancos. A subdelegada mostrou a súa satisfacción por esta actuación de urxencia, que conta coa autorización dos servizos de medio Ambiente da Xunta e do Goberno portugués, mentres rematase coa redacción do proxecto definitivo de actuación integral neste marxe da beira do río Miño.
Esta actuación demorouse no tempo pola necesidade de contar con todas as autorizacións pertinentes ao tratarse dunha zona en Rede Natura e tamén por ter incidencia na liña de fronteira con Portugal. De feito, Larriba quixo transmitir o seu agradecemento as autoridades do país veciño pola a súa axilidade a hora de conceder a autorización.