Isabel Rodríguez e Faustino Sánchez asinan o Protocolo do Plan Invernal para a limpeza da vertente leonesa do porto de Pedrafita

Imagen reunión subdelegados Lugo y León

20/11/2020

 A subdelegada informa de que este ano aumentan a 44 as quitaneves e incorpórase ao plan de traballo o treito A Barrela-San Martiño da A-56

 O operativo para garantir a circulación nas rede de estradas do Estado da provincia está formado por 124 operarios e dispón dun acopio inicial de 9.300 toneladas de sal e 2,5 millóns de litros de salmoira


A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión telemática co seu homólogo na provincia de León, Faustino Sánchez, na que asinaron o Protocolo do Plan Invernal de estradas para a limpeza da vertente leonesa do porto de Pedrafita. Na xuntanza participaron tamén os responsables da unidade de Estradas, Beatriz González; o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez; o xefe do destacamento de Tráfico da Garda Civil en Lugo, tenente Luis Rodríguez, e o xefe de Protección Civil, Juan Yáñez.

 

Isabel Rodríguez e Faustino Sánchez destacaron a eficacia do Plan de Vialidade Invernal e agradeceron o traballo de todo o persoal que se encargou de deseñalo e que se responsabilizará de poñelo en práctica para garantir a seguridade e a circulación en circunstancias meteorolóxicas adversas polas autovías e estradas de titularidade estatal.

 

Rodríguez lembrou que o Plan provincial de Vialidade Invernal inclúe un total de 831 kilómetros de 16 vías que forman a Rede de Estradas do Estado na provincia, así como a vertente leonesa do porto de Pedrafita.

 

A subdelegada destacou que as principais novidades este ano son o aumento no número de máquinas quitaneves e a incorporación ao plan de traballo do treito aberto da A-56 (A Barrela-San Martiño).

 

O dispositivo conta este inverno con 44 máquinas quitaneves, 4 máis que en anos anteriores. E xa están disponibles nos silos 9.300 toneladas de sal e 2,5 millóns de litros de salmoira. Estas cantidades forman o acopio inicial que poderá aumentarse en función das necesidades existentes.

 

O dispositivo que se ocupará de manter limpas as estradas da provincia está integrado por 124 operarios de mantemento de estradas distribuídos nos catro sectores de conservación nos que está dividida a provincia.