O BOE publica o Real Decreto de axudas para os danos causados nas infraestruturas públicas polo incendio de Rianxo do pasado mes marzo

Imaxe de arquivo do incendio

04/11/2019


Complementan as axudas das que informou ao Concello a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo

Subvencionarán ata o 50 por cento do custe de reparación de danos causados en bens públicos e na rede viaria da Deputación Provincial


O Boletín Oficial do Estado vén de publicar o Real Decreto aprobado polo Consello de Ministros do xoves, 31 de outubro, que posibilita ás administracións afectadas polo incendios de Rianxo de finais de marzo a solicitar axudas para a reparación dos bens públicos afectados polo lume.

Este acordo amplía a cobertura do de réxime de axudas do Real Decreto-lei 2/2019 aprobado en xaneiro de 2019 a outros feitos catastróficos sucedidos entre xaneiro de 2018 e marzo de 2019. O obxectivo é aplicar as medidas previstas naquel decreto a sucesos de características similares nas datas sinaladas.

No Real Decreto publicado este pasado venres, recóllense expresamente episodidos rexistrados en diversos puntos da xeografía nacional, localizados nas Comunidades Autónomas de Aragón –nas provincias de Huesca e Zaragoza–, Principado de Asturias, Cantabria, Galicia –no municipio de Rianxo–, Comunidade Valenciana –na provincia de Valencia– e Región de Murcia –no municipio de Los Alcázares.

A designación destes fenómenos concretos produciuse tras a información achegada polas Delegacións do Goberno. Os condicionantes desta selección era que foran acontecementos de natureza catastrófica que requiriran pola súa intensidade a activación do plan de emerxencia autonómico correspondente, con incorporación de medios estatais. Estas circunstancias dábanse no incendio declarado a finais do mes de marzo en Rianxo (A Coruña), que requiriu a presencia da Unidade Militar de Emerxencias e numerosos medios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación así como a colaboración da Garda Civil tras a activación do nivel 2 de emerxencias.

Tras o incendio, a subdelegada do Goberno en A Coruña, Pilar López-Rioboo reuniuse co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, para informarlle das liñas de axudas estatais para custear a reparación de bens ou servizos danados polo lume. A subdelegada estivo acompañada pola Xefa da Unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno en Galicia, Mª Dolores Gómez, mentres que por parte do Concello tamén asistiu a primeira tenente alcalde, Adelina Ces.

DESCRIPCIÓN DAS AXUDAS

A través deste Real Decreto, as administracións afectadas poderán solicitar subvencións de ata o 50 por cento do custo dos proxectos directamente relacionados co sinistro que executen os concellos e a deputación provincial, comarca ou mancomunidades relativos á  reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local, e da rede viaria da Deputación Provincial. Exclúense, expresamente, os traballos levados a cabo con medios propios da entidade local, xa sexan materiais, maquinaria ou persoal.