A subdelegada do Goberno en Pontevedra recibe ao comité de empresa do estaleiro Factorías Vulcano

A subdelegada do Goberno en Pontevedra recibe ao comité de empresa do estaleiro Factorías Vulcano

13/12/2018


Os sindicalistas expuxeron á subdelegada do Goberno a extremada situación pola que atravesa a empresa


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe unha xuntanza cos voceiros do comité de empresa do estaleiro vigués Factorías Vulcano. Os traballadores expuxeron á subdelegada a situación que está a atravesar a empresa cun ferri para Naviera Armas que permanece bloqueado nas gradas sen poder concluírse  pola falta de financiación.

O comité mantén todas as esperanzas na xuntanza que celebrarase mañá venres na Xunta de Galicia, na que participarán o Banco Santander, Naviera Armas e o propio comité, coa que pretenden desbloquear a situación e concluír a construción deste buque e a súa posterior entrega ao armador.

Larriba subliñou o súa solidariedade cos traballadores e apostou por unha saída consensuada entre as partes que garanta a continuidade dos traballos neste buque para que a plantilla poda cobrar os seus salarios e as auxiliares os traballos desenvolvidos ate de agora.

A subdelegada recordou que os estaleiros da ría de Vigo seguen a ser un sector punteiro e fundamental para a economía de toda  a provincia e mostrou ao comité de empresa toda a súa disposición a colaborar nun desenlace positivo.