Larriba subliña a necesidade de campañas de sensibilización ante os 19 falecidos en vías interurbanas da provincia

Larriba subliña a necesidade de campañas de sensibilización ante os 19 falecidos en vías interurbanas da provincia

05/11/2018

Maica Larriba subliñou que seguen sendo moi necesarias as campañas de vixiancia e sensibilización como as que desenvolve a DGT para sensibilizar aos condutores sobre a seguridade viario, sobre todo, “cando temos 19 falecidos nas vías interurbanas da provincia dos cales seis producíronse precisamente nesta estrada N-550”.


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañada da directora provincial da DGT, Paula Yubero,  e o capitán do subsector da Garda Civil de Pontevedra, Leovigildo Villares, visitaron hoxe un control establecido pola Benemérita na estrada N-550 nas proximidades da capital.

Maica Larriba subliñou que seguen sendo moi necesarias as campañas de vixiancia e sensibilización como as que desenvolve a DGT para sensibilizar aos condutores sobre a seguridade viario, sobre todo, “cando temos 19 falecidos nas vías interurbanas da provincia dos cales seis producíronse precisamente nesta estrada N-550”. Aínda que os datos de accidentes en vías interurbanas representan en Pontevedra un vinte por cento menos nestes dez meses de 2018, a subdelegada mostrou o seu desexo de que os dous meses que faltan de ano non fagan subir estes datos.

Outro dos aspectos que tamén destacou Maica Larriba é que “dos 19 falecidos que levamos polo momento en vías convencionais, doce producíronse entre os luns e os venres. É dicir, o sesenta e tres por cento dos falecidos en vías interurbanas prodúcense en días laborables, entre as 8 da mañá e as oito da tarde”.

Outro dos datos facilitados por Larriba é o referente á idade dos falecidos. “A franxa de entre 35 e 44 anos concentra o 21 por cento dos falecidos. Os maiores de 65 anos tamén rexistran unha cifra moi elevada por encima do 41 por cento”.

Pola súa banda, a nova directora provincial da DGT destacou que tras a ponte de Todos os Santos os número de accidentes con vítimas na provincia se elevou ate as 1.055 pero aínda lonxe das cifras do ano pasado que foron de 1.243 accidentes.

A campaña de vixiancia de estradas convencionais desenvolvese ao longo de toda esta semana no territorio nacional con especial control na velocidade , pero tamén na inxesta de alcohol e drogas, uso do casco, dos sistemas de retención infantil e o uso do teléfono móbil.