Cambados é unha localidade segura con taxas de delincuencia similares ás de 2015

Cambados é unha localidade segura con taxas de delincuencia similares ás de 2015

27/11/2018


A subdelegada do Goberno en Pontevedra subliña que as infraccións son case iguais ás de 2017


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e os concelleiros José Ramón Abal e Xurxo Charlín, na que tamén estiveron o coronel da Garda Civil, Jorge González e o xefe de posto da localidade. No encontro, a raíz dos datos facilitados pola Garda Civil, conclúese que Cambados é unha localidade segura aínda que se poda producir unha concentración de actos delictivos nunha mesma noite.

Maica Larriba subliñou que non se poda falar de “ondas de roubos, cando falamos de catro intentos nunha mesma noite”. Larriba asegurou ademais que os responsables están plenamente identificados e que se trata de persoas da propia localidade.

A subdelegada informou os membros do goberno municipal de Cambados que as taxas de infraccións penais  na súa localidade se manteñen estables dende o ano 2015 “cunhas cifras moi similares nos últimos catro anos” e que ademais nos dez primeiros meses deste ano os datos arroxan que “son tamén moi iguais aos des primeiros meses do ano 2017”.

Larriba tamén quixo subliñar que as taxas de esclarecemento dos feitos delictivos están moi cercanas ao cincuenta por cento, en consonancia coa totalidade de provincia e moi por riba dos datos que se poden ofrecer a nivel nacional que sitúan esta taxa nun 37 por cento.