Maica Larriba recibe aos representantes do colexio e da asociación empresarial dos Veterinarios

Maica Larriba recibe aos representantes do colexio e da asociación empresarial dos Veterinarios

20/11/2018


A subdelegada recoñece que o benestar dos animais de compañía é un piar fundamental da saúde dos seus propietarios


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe un encontro co presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra, Luis Núñez, e o presidente da Asociación Empresarial de Clínicas Veterinarias de Galicia, Alberto Silva. Nesta xuntanza ambos dirixentes transmitíronlle a subdelegada o compromiso acadado no seno do Congreso para a redución do IVA do 21 por cento ao dez por cento o pasado ano de 2016 e que ate o momento non foi atendido.

Os veterinarios sufriron un aumento do imposto do IVA, coa reforma feita en 2012 polo anterior goberno, que segundo o Colexio Oficial  e a Asociación Empresarial “foi un duro golpe” para moitos profesionais. Por elo, agora dentro da campaña que están a desenvolver en todo o país reclaman a volta ao tipo reducido do 10 por cento do imposto.

Pola súa parte, Maica Larriba subliñou o traballo que desenvolven estes profesionais de atención sanitaria os animais de compañía xa que realmente “estes animais forman parte das familias e polo tanto a súa saúde tamén inflúe nos seus donos”. Segundo os cálculos de ambas entidades na actualidade preto do 45 por cento dos fogares do país teñen algún tipo de animal de compañía.

Pola súa banda, Alberto Silva aproveito a xuntanza para informar a subdelegada da recente constitución da asociación empresarial que agrupa as clínicas veterinarias de  Galicia  e que está incluída na confederación nacional e que xa ten solicita a súa participación na Confederación de Empresarios de Galicia.