Sorpresa do subdelegado do Goberno en Ourense ante as declaracións dos representantes do PP no Congreso, tras máis de sete anos de abandono da provincia mentres gobernaron

15/11/2018


O subdelegado de Goberno en Ourense agradece a preocupación polas infraestructuras da provincia por parte dos populares, pero se pregunta porqué abandonaron Ourense mentres gobernaron máis de 7 anos con mayoría no Estado

Emilio González Afonso informa dalgúns proxectos avanzados e en construcción que o actual Goberno executou tras só uns meses no Executivo


O subdelegado do Goberno, González Afonso, expresou hoxe o agradecemento aos populares ante a repentina preocupación sobre as infraestructuras da provincia, totalmente abandonadas nos últimos 7 anos de goberno do PP con mayoría absoluta.

O subdelegado indica que a repentina preocupación dos populares nestes meses do novo goberno socialista, debe causar unha evidente sorpresa á cidadanía que se cuestiona o motivo de tal abandono durante tantos anos de goberno cunha solvente maioría que lle permitiu levar a cabo una rexeneración na provincia que non se fixo.

Sorpresa xa que se cuestiona o porqué de que os representantes do PP non manifestaran a mesma preocupación durante o longo período de exercicio do seu goberno de maioría.

Por todo iso, Emilio González Afonso invita ós representantes populares a que fagan una profunda autocrítica de cómo deixaron abandonada todos estes anos a provincia de Ourense, a gran esquecida do mapa nacional.

Así mesmo pon de manifesto a vontade firme de continuar impulsando os proxectos iniciados na provincia para sacalos do esquecemento histórico nos que se mantiveron nos últimos anos. Mostra de elo, as obras executadas e en execución de melloras en conservación e rehabilitación de firme nas distintas estradas nacionais e autovías que cruzan a provincia.

Ademáis, está en proxecto da A-56 o tramo Lugo-Ourense (tramo variante Norte de Ourense) cos dous tramos en proxecto de construcción en redacción, e dentro da execución destas obras se permitirá efectuar a cesión ó concello de Ourense dun tramo da N-120 que posibilitará desenvolver o Boulevard Termal municipal.

A conexión no Barco de Valdeorras  N-120 e N-536 será prioritaria dito nun comunicado polo Secretario de Estado de Infraestructuras a licitar de xeito inminente.

Ademáis, dende este Goberno se impulsará a realización dos estudos e proxectos pendentes e necesarios para que o máis axiña posible  a A-56 sexa una realidade na nosa provincia.