A subdelegada do Goberno en Lugo preside a Xunta de Seguridade do X Rally da Ulloa

A subdelegada do Goberno en Lugo preside a Xunta de Seguridade do X Rally da Ulloa

14/11/2018

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Xunta de Seguridade na que se pechou o dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo da celebración, esta fin de semana, do X Rally da comarca da Ulloa. Na xuntanza, celebrada esta mañá na Subdelegación do Goberno, participaron representantes da organización, da Xefatura Provincial de Tráfico, a Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Xunta de Galicia e os concellos de Palas de Rei e Monterroso, polos que discorrerá a competición.

A subdelegada do Goberno remarcou a necesidade de que todos os participantes na proba, tanto os pilotos como os afeccionados que se achegarán a presenciar a carreira, colaboren para para garantir a seguridade do evento repectanto tanto a sinalización como as indicacións do persoal que se encargará de velar pola seguridade do evento.