As estafas de Internet lastran as cifras de infraccións na provincia de Pontevedra

As estafas de Internet lastran as cifras de infraccións na provincia de Pontevedra

12/11/2018


Maica Larriba preside a Xunta Provincial de Seguridade


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe a Xunta Provincial de Seguridade que contou coa participación do coronel xefe da Garda Civil, Jorge González, e a nova comisaria provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Palma. Neste encontro manifestouse por ambos corpos policiais que o incremento de denuncias por estafas o través das redes sociais fan aumentar as cifras de infraccións penais na nosa provincia.

Pola parte da Garda Civil, que presta os seus servizos en toda a provincia salvo nas localidades de Pontevedra, Vigo, Redondela, Vilagarcía e Marín,  atende a unha poboación de 475.566 persoas na provincia, o índice de infraccións ata o mes de outubro está por debaixo da cifra do ano pasado nun 7,7 por cento. O número de casos esclarecidos está por riba dun 1,59 por cento do ano pasado e preto do cincuenta por cento dos casos resoltos. As medias de casos esclarecidos a nivel nacional están cercanas ao trinta por cento, polo que as cifras de Pontevedra “son moi altas”, indicou a subdelegada.

Con respecto as cifras da Corpo Nacional de Policía son moi similares aínda que recoñecen un pequeno incremento en roubos con forza en vivendas. Pero as estatísticas de efectividade policial se resenten porque no que vai de ano hai 600 infraccións por delitos telemáticos, que na súa maioría son de pequenas cantidades, e que fan disparar os datos de infraccións. Tanto as incautacións de drogas como os detidos están na mesma liña que o ano pasado.

A subdelegada inquiriu a nova comisaria provincial pola situación en Vilagarcía ao que Estíbaliz Palma subliñou que existe un incremento en delitos contra a propiedade con sete roubos máis en vivendas con respecto ao ano pasado. Pero tamén destacou a importancia da efectividade policial ao pasar de catro detidos o ano pasado a 14 ata o mes de outubro. Igualmente acontece cos detidos por roubos en vía pública e establecementos comerciais, ao ter detido a 16 persoas ata o mes de outubro. Igualmente recoñeceuse o problema que acontece con este tipo de roubos que a pesares da efectividade policial na detención dos seus autores a ausencia de condenas de prisión fai que sexan pouco efectivas.

Para a subdelegada do Goberno as cifras facilitadas por ambos corpos demostran que a provincia é segura pese a repuntes puntuais de delincuencia habitual e fixo un chamamento aos cidadáns sobre o uso das súas tarxetas bancarias na internet para facer as compras “dado as grandes cifras de denuncias por estafas polo que é necesario extremar as medidas de seguridade usando só plataformas que garantan o máximo a seguridade das transacións”, subliñou Maica Larriba.