Fomento retira os embelecedores inestables dunha glorieta adxacente á nova ponte do Miño en Lugo e anuncia unha inspección completa da infraestrutura

Imagen de Susana Romay del Concurso del Ministerio de Fomento Retrata tu puente

01/11/2018


O desprendemento de elementos decorativos non se produciu na ponte, senón no acceso á mesma


Fomento está a efectuar a retirada de todas as pezas inestables que forman parte dos remates decorativos dunha das glorietas próximas á nova ponte sobre o río Miño.

O desprendemento dalgúns destes embelecedores produciuse na glorieta elevada  e non na ponte sobre o río Miño. Trátase dunha glorieta que dá servizo á ponte pero non forma parte dela senón que é unha estrutura  diferenciada da mesma e non ten nada que ver coa ponte, na que, por certo, co Goberno de Pedro Sánchez, Fomento fixo inspeccións básicas hai dous meses e ten previsto realizar a principal en breve.

 Ao producirse o desprendemento dalgún destes elementos na devandita glorieta, Fomento enviou persoal ao lugar para examinar a zona e decidiuse retirar todos os embelecedores inestables. Nos próximos días estudarase a solución para repoñer todos os elementos retirados coas debidas garantías de estabilidade.