A Subdelegación do Gobierno e o Concello da Coruña reactivan a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

A Subdelegación do Gobierno e o Concello da Coruña reactivan a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

29/08/2018

A subdelegada do Gobierno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e a concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, Rocío Fraga, mantiveron unha reunión de traballo para profundizar na coordinación das políticas en materia de violencia de xénero, na que foi a primeira toma de contacto para o desenvolvento de proxectos comúns e aproveitamento de recursos para asegurar a prevención dos delitos e a atención integral ás vítimas.

 

Un dos principais temas de analise foi a posta en marcha da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional, prevista na Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. A mesa constitúe un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais  implicados na loita contra a violencia de xénero e co obxectivo de optimizar todas as posibles actuacións que se precisen desenvolver.

 

Normalmente forman parte das mesas, ademáis da representación estatal da Subdelegación do Goberno e a Unidade de Violencia de Xénero da Delegación do Goberno en Galicia, representantes do Concello, Centro de Atención á Muller, Policía Local, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, centros educativos, servizos sanitarios, servizos sociais, etc.

 

Entre as súas funcións figuran, entre outras, o establecemento de criterios comúns para a detección e atención en casos de risco, impulsar a posta en marcha de estratexias de sensibilización dirixidas a toda a poboación ou colectivos específicos, dar a coñecer as líneas concretas de actuación de cada ámbito representado, e analizar as posibles situacións de descoordinación e plantexar propostas de mellora.

 

Estas mesas comenzaron a constituirse en 2010 aínda que na actualidade están creadas en 18 municipios, se ben só en 14 están activas. No caso do Concello da Coruña non se convocou desde a súa constitución en 2010 aínda que existe un claro interese por parte do Concello e da propia Subdelegación do Goberno para reactivar o seu funcionamento.

 

Outro dos temas fundamentais plantexados na reunión, na que tamén estivo presente María Debén, coordinadora da Área de Igualdade da Delegación do Goberno en Galica, foi a posible incorporación da Policía Local coruñesa ao Sistema Viogen, promovido polo Goberno para promover as actuacións necesarias para as policías locais, no marco da súa colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cooperen en asegurar o cumprimento das medidas acordadas polos órganos xudiciais.

 

Para conquerir esta mellora da coordinación, e de acordo ao recollido no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, é preciso impulsar a sinatura dun convenio entre o Ministerio de Interior e o Concello para que a Policía Local poida realizar a protección das posibles vítimas unha vez valorado o seu nivel de risco polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.