María Rivas agradece ás forzas de seguridade a boa coordinación para facer cumprir as medidas relacionadas coa COVID-19 na nova fase da desescalada en Galicia

05/07/2021

As forzas e corpos de seguridade do Estado manteñen a vixilancia das restricións impostas pola Xunta

Eventos multitudinarios como o Pantín Classic rexistran un alto cumprimento por parte das persoas asistentes


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, agradeceu hoxe ás forzas e corpos de seguridade do Estado a boa coordinación para facer cumprir as medidas relacionadas coa COVID-19 na nova fase da desescalada en Galicia. Expresouse así durante unha xuntanza de traballo cos representantes da Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais.

Tras os últimos cambios normativos, as forzas e corpos de seguridade do Estado manteñen a vixilancia das restricións impostas pola Xunta como ata agora. A transferencia de información entre os diferentes corpos, segundo constatou hoxe María Rivas, continúa co bo funcionamento, o que permite garantir un amplo nivel de cumprimento.

As forzas de seguridade certificaron que eventos multitudinarios como o Pantín Classic rexistraron un alto cumprimento por parte das persoas asistentes en todo momento.

Xunta á subdelegada, estiveron na xuntanza o xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Policía Nacional, Miguel Ángel Ferrero; o teniente coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira; o xefe da Policía Local da Coruña, José Antonio Brandariz; o xefe da Policía Local de Santiago, José Ramón Silva; o xefe da Policía Local de Ferrol, Javier García; o Xefe de Subgrupo Operativo da Policía Autonómica na Coruña, Juan Antonio García; e a vicesecretaria de Delegación do Goberno, Eva Vázquez.