Isabel Rodríguez reúnese con representantes dos hostaleiros, comerciantes e veciños da provincia

Imagen reunión asociaciones

03/11/2020

 A subdelegada destaca o alto grao de cumprimento das restriccións de movemento por parte de veciños e hostaleiros da provincia

 Rodríguez agradece ás forzas de seguridade o esforzo extraordinario que realizan para velar polo cumprimento das medidas sanitarias


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha xuntanza cos presidentes das asociación provinciais de Hostalería, Cheché Real; Comercio, José María Seijas, e de veciños, Jesús Vázquez. Na reunión, que se celebrou por videoconferencia, participaron tamén o comisario xefe provincial, José María Esteban; o coronel da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, e o xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro. 

 

Trala xuntanza, a subdelegada explicou que na reunión constatouse que tanto na cidade de Lugo como no resto da provincia non hai problemas de seguridade motivados pola crise sanitaria do coronavirus.

 

Rodríguez tamén informou de que apenas se teñen rexistrado casos de incumprimento nas novas restriccións de movemento establecidas nas últimas semanas polas autoridades sanitarias e os responsables das forzas de seguridad destacaron que a inmensa maioría dos cidadáns da provincia e de colectivos como os hostaleiros están a ser absolutamente respectuosos coas limitacións de horario e o resto de normativas.

 

Ademais, a subdelegada do Goberno ratificou o seu agradecemento ás forzas de seguridade o extraordinario esforzo que veñen facendo durante todos estes meses para asegurar o cumprimento na provincia das medidas sanitarias contra a pandemia.