Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Lugo
- Subdelegación del Gobierno en Ourense
- Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
- Subdelegación del Gobierno en A Coruña
Isabel Rodríguez lembra a necesidade de atender os protocolos sanitarios nas festas das San Lucas
14/10/2020
A subdelegada do Goberno e o alcalde de Mondoñedo presidiron a xunta que analizou o dispositivo de seguridade das tradicionais festas
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero, copresidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade, que se reuniu na Casa do Concello para analizar o dispositivo de seguridade previsto con motivo da celebración das festas das San Lucas. Este ano as tradicionais festas mindonienses terán unha versión reducida por mor da pandemia do coronavirus. Na reunión tamén participaron os representantes da Asociación As San Lucas e responsables da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
A subdelegada do Goberno pediulle aos mindonienses e aos visitantes que sexan respectuosos coa normativa e os protocolos sanitarios establecidos pola Xunta e que atendan todas as indicacións que lles dean os organizadores e o Concello.
Segundo anunciaron os organizadores, esta edición da festa das San Lucas incluirá diversas actividades con aforo limitado e non se vai celebrar a tradicional a feira de gando.