A subdelegada do Goberno e o alcalde de Cerdido analizan diversas actuacións e inversións para o municipio

A subdelegada do Goberno e o alcalde de Cerdido analizan diversas actuacións e inversións para o municipio

18/07/2019

A instalación de fibra óptica nas diferentes parroquias do concello é unha das prioridades indicadas polo alcalde

A renovación do alumeado público, cun sistema máis eficiente, foi outra das cuestións estudiadas na reunión


A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e o alcalde de Cerdido, Benigno Galego, mantiveron unha xuntanza para analizar diversas actuacións e proxectos relativos ao concello. Na reunión, mantida na sede da Subdelegación do Goberno na Coruña, estivo tamén presente Cándido Prieto, concelleiro de Facenda, Promoción Económica e Turismo.

Un dos proxectos prioritarios para o concello é o relativo a instalación de fibra óptica, dentro do programa de extensión da banda ancha de nova xeración, que promove a Secretaría de Estado para o Avance Dixital.

Esta actuación xa se encontra actualmente en marcha, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dependente da Xunta de Galicia, que está levando a cabo actuacións no Concello de Moeche.

Segundo a previsión deste programa, a instalación de fibra óptica debería realizarse este ano nas parroquias de Felgosas e Porto. Sen embargo, as obras levan algún tempo paradas, motivo de preocupación para o alcalde xa que este feito pode retrasar a implantación deste servizo no concello.

A subdelegada do Goberno comprometeuse neste sentido en trasladar esta preocupación aos responsables da Xunta co fin de determinar as causas da parálise das obras e coñecer as previsións relativas ao concello de Cerdido.

Benigno Galego recordou que é de vital importancia para o concello a instalación da fibra óptica para conquerir a mellora das infraestructuras dixitais, tendo en conta ademáis que Cerdido é un dos beneficiarios do programa WIFI4EU, que contempla a instalación de puntos de acceso gratuito wifi, para o cal é imprescindible contar coa fibra xa que do contrario non se podería garantir as velocidades que se esixen desde a Unión Europea, co que existiría o risco de perder a correspondente subvención xa que os prazos de instalación están xa próximos a rematar.

Outro dos temas abordados na xuntanza foi a posibilidade de acudir a subvencións do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE-Ministerio de Industria) para a mellora na iluminación pública e a sustitución de lámpadas de sodio por leds, o que suporía un aforro considerable para o concello ademáis dunha rebaixa de consumos ao apostar por un sistema enerxético máis eficiente.

Pilar López-Rioboo tamén se comprometeu a facilitar as xestións para conseguir posibles axudas para o concello que podan contribuir a estas posibles subvencións.

A subdelegada informou tamén ao rexigor e ao concelleiro sobre diversas axudas dispostas polo Goberno para concellos con problemas demográficos, xa que, dentro do marco da Estratexia Nacional frente ao Reto Demográfico, tense aprobado unha líña de fomento da actividade económica e a mellora da capacitación laboral para dinamizar os territorios con maiores desafíos demográficos, como o envellecemento da poboación e a despoboación territorial e centrada nos municipios de menores dimensións demográficas.

 

O obxectivo é o apoio ao xoven emprendedor para que consiga crear o seu propio emprego, ya sexa como autónomo, de forma individual ou como persona xurídica, a través de formas empresariais propias da economía social, como socio traballador de cooperativas ou de sociedades laborais, ou por conta allea; en áreas rurais afectadas polos desafíos demográficos a través de axudas mediante o procedemento de concesión directa a entidades locais para o financiamento de proxectos de emprego, autoemprego e emprendimento colectivo, dirixidos a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo, para o periodo 2014-2020.

O alcalde invitou tamén á subdelegada do Goberno a visitar o concello, invitación que foi aceptada por Pilar López-Rioboo, que nas próximas semanas se desprazará a Cerdido para dar continuidade a xuntanza mantida na propia Subdelegación do Goberno.