O Goberno celebra a decisión da Xustiza de impedir a retirada os bens do pazo de Meirás á familia Franco

O Goberno celebra a decisión da Xustiza de impedir a retirada os bens do pazo de Meirás á familia Franco

15/07/2022

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña impide a retirada do Pazo de Meirás dos elementos disputados pola familia Franco ao considerar que son bens inmobles

O Estado terá a custodia dos bens, salvo das alfombras

“Isto é unha nova vitoria democrática e unha satisfacción para todas aquelas persoas que cremos que a democracia plena conséguese recuperando a memoria histórica”, valorou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas


O Goberno celebrou hoxe o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, feito público polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que recoñece que todos os elementos obxecto de controversia, tanto en exteriores como interiores, pertencen ao inmoble e, por tanto, non poden ser retirados pola familia Franco.

“Isto é unha nova vitoria democrática e unha satisfacción para todas aquelas persoas que cremos que a democracia plena conséguese recuperando a memoria histórica”, valorou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

No auto, notificado este venres, o xuíz determina que os bens sobre os que existe discusión adquiriron a condición e natureza de inmobles “por incorporación, por destino ou por ambos”, con excepción das alfombras do corredor porque "se colocaron cun fin puramente funcional", asegura o auto.

O xulgado dera a propiedade do inmoble ao Estado, aínda que a sentenza foi recorrida, e a familia Franco quixo retirar os bens contidos nel, o que deu lugar ao incidente de execución da sentenza resolto hoxe. Deste xeito, acóllese parcialmente a cuestión incidental exposta pola Administración Xeral do Estado, á que se adheriron a Xunta e os concellos da Coruña e Sada.