José Miñones celebra la presencia de Galicia en proyectos de bioeconomía que percibirán 4 millones de euros del Plan de Recuperación impulsado por el Gobierno

José Miñones celebra la presencia de Galicia en proyectos de bioeconomía que percibirán 4 millones de euros del Plan de Recuperación impulsado por el Gobierno

07/07/2022

O tres universidades públicas galegas, Adega e a Asociación Forestal de Galicia recibirán 1,5 millóns de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica para sufragar a súa participación

Os proxectos seleccionadas “fomentan o aproveitamento de recursos como os forestais e fluviais e abren novas posibilidades económicas á poboación do rural baseadas na transición ecolóxica”

O delegado sinala que a convocatoria foi moi concorrida e cun altísimo nivel “mostra do interese que ofrece a transformación do rural, o emprego verde e a conservación dos recursos”


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebrou hoxe a “presenza activa” de asociacións e organismos de Galicia na lista de proxectos de bioeconomía que veñen de acadar 4 millóns de euros das axudas da Fundación Biodiversidade, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O delegado enmarcou estes proxectos na aposta do Goberno de Pedro Sánchez pola cohesión territorial co “impulso a proxectos que fomentan o aproveitamento de recursos como os forestais e que abren novas posibilidades económicas para a poboación dos territorios rurais baseadas na transición ecolóxica”.
 
José Miñones detallou hoxe a resolución da convocatoria de axudas a proxectos de impulso á bioeconomía, que resolveu a semana pasada a Fundación Biodiversidade, e que lanzara xunto con outras durante o último trimestre de 2021. Trátase de proxectos transformadores de natureza científico-técnica que contribúan á promoción da bioeconomía e á transición ecolóxica. En concreto, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), a Asociación Forestal de Galicia e as tres universidades públicas galegas percibirán 1,5 millóns de euros desta entidade, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para sufragar a súa participación nos tres proxectos. Os traballos deberán comezar a executarse este verán e neles participarán entidades e asociacións doutras comunidades entre as que se atopan Cataluña, Comunitat Valenciana, Navarra ou Euskadi.

José Miñones sinalou que esta convocatoria destacou polos altos niveis de solicitudes e de calidade das propostas, “o que dá mostra do interese que hai pola transformación do rural cara unha economía baseada no aproveitamento sostible dos recursos e polas oportunidades que ofrece o emprego verde para a fixación de poboación nas zonas rurais”, indicou. De feito, a esta convocatoria presentáronse 132 propostas, que solicitaban axudas por valor de 147 millóns de euros, cando o orzamento dispoñible era de 20 millóns de euros, “polo que o Ministerio só puido adxudicar o 13% dese importe”. Esta limitación dá conta da calidade e innovación das propostas seleccionadas, “proxectos ambiciosos, escalables e con resultados perdurables no tempo, que promovan a transición ecolóxica”.

*Proxectos seleccionados

O delegado sinalou que as axudas desta convocatoria teñen por finalidade lograr grandes transformacións, baseadas na ciencia e nas solucións que proporciona a natureza para impulsar a recuperación verde. En concreto, Galicia ten presenza en tres proxectos:

“Fluviatilis: Custodia para a resiliencia”. 997.290,61 €. Proxecto centrado na recuperación e aproveitamento sostible de recursos fluviais. Neste proxecto participa Adega xunto coa Asociación Grup de Natura Freixe; Asociación de Naturalistas del Sureste Fundación LIMNE e Asociación Red Cambera. 

“COMPÁS: Modelos  de desenvolvemento  rexional sobre herbivorismo pírico, unha ferramenta para a conservación ambiental e a fixación e protección  da poboación”. 1.363.222,57€. Neste proxecto participa a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Forestal de Galicia xunto coa Universidad Pública de Navarra; CSIC-Estación Experimental del Zaidín; Asociación Pastores por el Monte del Mediterráneo. 

“Impulso á bioeconomía rural revalorizando a gandería extensiva de montaña vinculada á conservación da biodiversidade”. 1.563.418,25 €. Coa participación das universidades da Coruña e Santiago de Compostela e a Fundación HAZI.