José Miñones reivindica la simbología, historia y tradición de la ciudad de Santiago que la convierten hoy en capital de Europa

José Miñones reivindica la simbología, historia y tradición de la ciudad de Santiago que la convierten hoy en capital de Europa

29/06/2022

“Falar de Santiago é reforzar os alicerces que manteñen vivo o espírito e a esencia do que entendemos por Europa”

Renova o compromiso do Goberno de España para traballar, xunto co resto de administracións, polo “benestar e progreso” da cidade de Santiago e da súa veciñanza

Convida á cidadanía de Santiago a seguir “sendo construtores dunha gran cidade”


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, *reinvidicou hoxe “a historia, cultura e simbolismo” da cidade de Santiago para elevala á categoría de capital “de Europa”.

José Miñones participou hoxe no acto de 20 aniversario da promulgación do Estatuto de Capitalidade de Santiago de Compostela lembrando o seu papel como “faro do Antigo Reino de Galicia e da nosa moderna Comunidade Autónoma; Capital Europea da Cultura; Patrimonio da Humanidade; destino da peregrinaxe e que este ano tamén é Capital da Economía Social”.

O delegado subliñou o protagonismo de Santiago na construción do ideal *europeísta do continente ao que contribúe desde hai séculos “xeración tras xeración e pedra tras pedra”. Na súa intervención puxo de manifesto como, nestes momentos, cobra valor a visión de Santiago e do Camiño como metáfora da construción de Europa: “hoxe máis que nunca non podemos renunciar ao espírito que representa Santiago”, insistiu, porque “falar de Santiago é reforzar os alicerces que manteñen vivo o espírito e a esencia do que entendemos por Europa”.

Nesta liña, José Miñones renovou o compromiso do Goberno de España “co presente e co futuro desta cidade, en termos de progreso e benestar”. Un compromiso no que traballa co resto de *adminstracións e que se manifesta a través de investimentos en infraestruturas, restauración do patrimonio, saneamento, eficiencia enerxética e mobilidade sustentable, e impulso ao turismo e “sempre, subliñando o prestixio e a proxección dunha cidade que se *apelida Compostela”.

O delegado felicitou ao conxunto da Corporación e aos veciños e veciñas de Santiago, a quen convidou “a seguir sendo construtores dunha gran cidade”.