Javier Losada informa da convocatoria do Goberno para apoiar a contratación en empresas da “economía verde” con axudas de ata 3.440 euros por contrato asinado

09/03/2021

O delegado do Goberno anima a empresas e asociacións a presentarse a esta liña de apoio que conta cun orzamento de 5 millóns de euros

Javier Losada destaca que a “economía verde é máis que unha posibilidade, é unha opción real nun momento no que é preciso cambiar o modelo económico para afrontar os novos retos do futuro”

As axudas por contrato oscilan entre os 3.040 e os 3.440 euros se a persoa contratada pertence a un grupo social prioritario

As solicitudes poden presentarse ata o 15 de marzo de 2021 (para recibir a axuda antes de outono de 2021) ou ata o 30 de setembro de 2021


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, animou hoxe a empresas, emprendedores e organismos galegos a sumarse á nova liña de axudas para fomentar a contratación de desempregados no ámbito da “economía verde”. Javier Losada destacou que para o Goberno de España, a economía verde é máis que unha posibilidade, é unha “opción de futuro real, cando se ve máis que necesario cambiar o modelo económico por outro que sexa máis respectuoso coa natureza,  resiliente, baixo en emisións de carbono e inclusivo". 

Nesta idea se sitúa a “Convocatoria Emplea”, da Fundación Biodiversidade, que dispón dun orzamento de 5 millóns de euros que se destinarán a apoiar directamente a contratación de persoas desempregadas no ámbito da economía verde e/ou azul.

Esta convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, enmárcase dentro do Programa Empleaverde, que desenvolve hai anos a mesma Fundación. Javier Losada apuntou que esta convocatoria vai máis alá, pois supón 

non só unha oportunidade para impulsar a recuperación verde promovendo unha transición ecolóxica e xusta, senón tamén para contribuír a superar os retos da crise xerada pola COVID-19.

O delegado explicou que estas axudas poñen o foco na xeración directa de emprego verde, ofrecendo unha subvención á contratación de persoas desempregadas a tempo completo, por un período mínimo de 6 meses. As destinarias son entidades que estean vinculadas directa ou indirectamente coa economía verde e/ou azul ou entidades que, non estando vinculadas, xeren emprego que contribúa a unha liña de negocio sostible ou a unha mellora ambiental na entidade. Os solicitantes poderán ser persoas xurídicas privadas con e sen ánimo de lucro e tamén persoas físicas que actúen como empregadoras

A repartición de fondos para as Comunidades Autónomas aplícase segundo o obxectivo de desenvolvemento. Así, as axudas á contratación en Galicia parten de 3.040 euros por contrato e poderán ser de ata 3.440 euros se a persoa contratada pertence a un grupo social prioritario (mulleres, mozas de ata 35 anos ou maiores de 45, persoas inmigrantes, persoas con discapacidade ou residentes en áreas protexidas e/ou zonas rurais).

Javier Losada insistou en que para a Goberno de España é fundamental apostar pola economía verde porque as crises ambientais que xa existían súmase agora a pandemia xerada pola COVID-19, ademáis de que este tipo de axudas serven de impulso ás organizacións e empresas para apostar por liñas de economía verde.

Nese contexto enmárcase esta convocatoria de subvencións, cuxo prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 15 de marzo (para recibir a axuda antes de outono de 2021) ou ata o 30 de setembro de 2021.

Para obter máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse á web  https://contratacion.empleaverde.es/