Javier Losada valora a resposta do Plan de Vialidade Invernal do Goberno ante os efectos da neve dos días pasados nas estradas galegas

Imagen de la visita

22/11/2019


Cualifica de exemplar a resposta coordinada dos medios de conservación do Ministerio de Fomento coa Dirección Xeral de Tráfico e coa Garda Civil

Do 15 ao 18 de novembro actuaron nas vías estatais 34 quitaneves e a Agrupación de Tráfico da Gardia Civil efectuou 278 auxilios en carretera na montaña de Lugo

O Goberno desprega para esta campaña de 95 quitaneves, 20.400 toneladas de sal amoreadas, máis de 3.100.000 de litros en depósitos de salmoira e máis de 300 persoas para a Rede Estatal de Estradas


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitou esta mañá o centro de conservación de Pedrafita do Cebreiro, onde comprobou os medios dispoñibles no Plan de Vialidade Invernal do Estado para facilitar a circulación neste tramo de estradas estatais. Durante a visita, o delegado valorou a resposta deste Plan ante o episodio adverso de nevadas que se rexistrou entre os días 15 e 18 de novembro. Javier Losada cualificou de exemplar a reacción coordinada dos medios de conservación do Ministerio de Fomento, os técnicos do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste e da Dirección Xeral de Tráfico e os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, para garantizar unha circulación segura nas vías afectadas.

Durante estes tres días, o delegado do Goberno informou que tan só se aplicaron restricións aos vehículos pesados dunha maneira preventiva, e limitadas ás zonas máis elevadas da rede nas provincias de Lugo e Ourense. Ademáis, o delegado do Goberno explicou que “a coordinación dos equipos de vialidade invernal foi mi boa tanto a nivel de Galicia como coas veciñas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León”.

No que respecta aos medios, no episodio dos días 15 ao 18 de novembro actuaron 34 quitaneves, con consumo de 1.156,5 toneladas de sal e 185.500 litros de salmoira. A Agrupación de Tráfico da Garda Civil concentrou o groso da súa actividade na montaña de Lugo. Nesta zona despregáronse 96 axentes en 42 vehículos. Efectuáronse 278 auxilios na estrada, atendendo a 47 usuarios bloqueados e 74 vehículos embolsados para evitar maiores problemas nas vías.

Javier Losada puxo esta resposta como exemplo do “máximo esforzo” do Goberno para garantir a seguridade do tráfico na Rede Estatal de Estradas en condicións meteorolóxicas adversas. Para iso, lembrou, o Estado despregou dende o pasado 1 de novembro en Galicia 95 máquinas quitaneves e conta con 20.400 toneladas de sal amoreadas e unha capacidade de máis de 3.100.000 de litros en depósitos de salmoira. Tamén destina 306 personas para o mantemento destas estradas.

O delegado do Goberno estivo acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil de Galicia, Luis Francisco Rodríguez; o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; e o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González; ademais doutros técnicos e responsables.

VIALIDADE EN PEDRAFITA

Javier Losada comprobou os medios despregados polo Ministerio de Fomento para atender esta zona da A6 e da N-VI que supera os 1.000 metros de altitude. Desde o 1 de novembro están operativos 12 camións quitaneves ademais de 3.500 toneladas de sal en almacén e cinco silos, distribuídos ao longo do percorrido, con capacidade de 100 toneladas cada un deles. Así mesmo, existen catro plantas de salmoira con depósitos que poden acoller ata 752.000 litros. Estes medios, destacou o delegado do Goberno, son unha mostra do esforzo do Ministerio de Fomento “para garantir a seguridade do tráfico neste tramo que se comparte coa provincia leonesa e que, xunto ao da Gudiña, é o primeiro que se ve afectado pola meteoroloxía adversa”.

MEDIOS POR PROVINCIAS

Os medios de Pedrafita  forman parte do Plan de Vialidade Invernal 2019-2020 co que se busca manter un adecuado nivel de servizo das estradas da Rede de Estradas do Estado e Autoestradas de Peaxe, dar maior seguridade aos usuarios e proporcionar a condución máis cómoda e fluída ante posibles condicións meteorolóxicas adversas. Dentro das operacións de vialidade están previstas as actuacións preventivas e reparacións no firme en situacións de baixas temperaturas nas estradas de competencia estatal.

A Coruña: 13 quitaneves; 1.890 t de sal; 130.000 l de salmoira

Lugo: 40 quitaneves; 9.300 t de sal; 2.515.000 l de salmoira

Ourense: 23 quitaneves; 5.494 t de sal; 110.000 l de salmoira

Pontevedra: 10 quitaneves; 1.975 t de sal; 89.000 l de salmoira

Además, nas autoestradas de peaxe con competencia estatal están distribuídos:

AP-9: 7 quitaneves; 1.375 t de sal; 200.000 l de salmoira

AP-53: 2 quitaneves; 325  t de sal;  33.000 l de salmoira