Maica Larriba confirma o reforzo dos medios para garantir a seguridade no carnaval de verán de Redondela

Maica  Larriba confirma o reforzo dos medios para garantir a seguridade no carnaval de verán de Redondela

19/08/2019


A subdelegada do Goberno subliña o traballo feito pola nova alcaldesa, Digna Rivas, para ter todo disposto para a festa deste próximo sábado


A subdelegada de  Goberno,   Maica   Larriba presidiu hoxe, xunto a alcaldesa de Redondela Digna Rivas, a xunta local de seguridade para poñer en marcha a coordinación de todos os efectivos cara o próximo sábado para a celebración do Carnaval de Verán da vila da Coca.

Larriba xunto a Rivas presidiron a xuntanza na que participaron os responsables do subsector de Tráfico da Garda Civil; da comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, Policía Local, Protección Civil e membros do Grupo de Emerxencias. Neste encontro analizouse o plan de auto-protección da festa así como os dispositivos que vanse a empregar para garantir a seguridade dos asistentes.

A alcaldesa informou  que nesta ocasión o servizo de autobuses cara as localidades de Vigo, Porriño e Pontevedra rematarán as cinco da mañá co que esperan dende a corporación local que a festa non se converta nun “macro botellón”.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno felicitou a alcaldesa por ter preparado toda a festa nun prazo tan corto tras a súa toma de posesión no pasado mes de xuño e subliñou o importante que é garantir a celebración e o ocio co descanso dos veciños e veciñas de Redondela.

No que respecta aos distintos operativos, a Policía Nacional vai reforzar a súa habitual presenza na localidade con diversas patrullas procedentes de Vigo así como coa chegada da UPR. Tamén a Garda Civil de Tráfico vai a efectuar un amplo despregamento de efectivos para o control de alcoholemias e o consumo de drogas. Polo tanto as autoridades recomendan o traslado ate a vila nos transportes colectivos xa que a Garda Civil pretende garantir que todo aquel que se poña o volante dun vehículo o faga en condicións óptimas.

Por último, Digna Rivas quixo agradecer a dispoñibilidade da subdelegada que prestou toda a súa colaboración para que a festa teña toda a seguridade posible.