Javier Losada defende que os investimentos reais previstos por Fomento nos PXE2019 superan un 16,8% a media nacional

Imagen del delegado en la Radio Galega

17/01/2019


“Quen di que estas contas son discriminatorias con Galicia está mentindo”

“Gustaríanos poñer partidas orzamentarias para moitos proxectos, pero cando chegamos atopámonos que non había nada feito. Poñer fondos para a construción cando aínda non hai proxecto sería mentir”, destaca Javier Losada

Fronte á “desidia do Goberno anterior”, o actual Executivo comprométese con Galicia, cun volume de recursos de 8.485 millóns de euros, 207 máis que en 2018, que servirán para o aumento de numerosas prestacións sociais como as pensións ou as bolsas


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, defendeu hoxe uns “moi bos Orzamentos” que marcan “un cambio de concepción”, pois priorizan o aspecto social fronte ao cemento, coas persoas e o benestar como eixo. Censurou as críticas sen base, que ve “un pouco sorprendentes porque os Orzamentos para Galicia son uns moi bos Orzamentos”, con  preto de 8.500 millóns de euros para a Comunidade, o que supón un aumento de 207 millóns.

Javier Losada lembrou que os investimentos reais previstos por Fomento en Galicia superan a media por Comunidade Autónoma e que suman o 6,2% sobre el total regionalizado, porcentaje superior á contribución de Galicia ao PIB nacional (5,2%) e á súa participación sobre a poboación nacional (5,8%). “Os investimentos en cemento en Galicia están un 16,8% por encima da media nacional. Ademais, o investimento real é superior á que executou o Goberno do PP durante a súa etapa”, continuou Javier Losada nunha entrevista na Radio  Galega. Concluíu dicindo que “quen di que se fai discriminacións con Galicia está mentindo”.

O delegado do Goberno confesou que ao Executivo gustaríalle “poñer partidas orzamentarias para moitos proxectos”. “Pero cando chegamos atopámonos que non había nada feito. Poñer fondos para a construción cando aínda non hai proxecto sería mentir”, continuou.

Por iso apelou a unhas contas que deben “ser realistas”. Engadiu que o Executivo actual está agora lastrado no capítulo de investimentos en infraestruturas pola “desidia do anterior Goberno, que falaba moito pero facía pouco”, aínda que compensa ese capítulo cunha subida global e unha “unha serie de investimentos que mostran o compromiso do Goberno con Galicia”, en especial centradas no aspecto social.

“Os Orzamentos van facer posible que esas persoas teñan máis dereitos e devólvanselles outros que perderan. Céntranse nas persoas, os dereitos e o benestar social. Hai un cambio de concepción nos orzamentos porque hai un cambio de Goberno que ten outras prioridades, que son as persoas”, insistiu Javier Losada.

Segundo os seus datos, a revalorización das pensións que beneficiará a 675.302 galegos e que supoñen un investimento extra en Galicia de 61,5 millóns de euros. O incremento nas bolsas de axuda ao estudo para chegar a 52.426 estudantes chega con 30,5 millóns de euros. A recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos supón un investimento de 15,1 millóns para chegar a 5.343 galegos e galegas. A equiparación no dereito de paternidade e maternidade implica unha achega de 14,5 millóns para beneficiar a 9.153 galegos e galegas. O desenvolvemento do Ingreso Mínimo Vital para chegar a 73.967 galegos e galegas comporta 9,5 millóns. Ademais dos 551.059 pensionistas en Galicia que se beneficiarán da supresión progresiva do  copago farmacéutico.