A subdelegada do Goberno en Pontevedra fai un chamamento para que o río Miño sirva como polo de desenvolvemento e non coma unha fronteira

Imagen de los asistentes

27/09/2018

A Subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, subliñou no acto de recoñecemento das fronteiras do río Miño entre Portugal e España que  “as augas deben servir como un polo de desenvolvemento de ambas beiras e non como unha fronteira”.

Larriba asistiu xunto os alcaldes e alcaldesas de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves e Crecente e o tenente de alcalde de Arbo e os presidentes das cámaras municipais de Caminha, Valença e Vilanova ao acto de recoñecemento das fronteiras que anualmente deben facer os mandatarios locais como recolle o Tratado de Límites entre Portugal e España do cal cómprese os 150 anos da súa entrada en vigor, tal e como recordou a Subdelegada do Goberno en Pontevedra.

O acto desenvolveuse no patrulleiro da Marinha Portuguesa “Río Miño” e o “Cabo Fradera” da Armada Española e estivo presidido polo comandante da Forza Marítima de Ferrol, Fernando Suárez Fonseca e polo Vicealmirante da Autoridad Marítima lusa, Luis Carlos de Sousa Pereira, a amais do comandante Naval do Miño, Ignacio Tobarra e o seu homólogo luso, Pedro Cerváns.

Os patrulleiros atopáronse no medio do Miño a altura de Goian e procedeuse a rúbrica do recoñecemento das fronteiras de cada país polos rexedores municipais de ambas beiras do río.

Maica Larriba destacou que a fronteira que marca o río Miño “esta superada polos veciños e veciñas de ambos lados pero moito máis dende 1995 cando entra en vigor a eliminación das fronteiras interiores da Unión Europea”. Para a Subdelegada o río Miño e un patrimonio “que todos debemos coidar pola potencialidade económica, turística e  paisaxística que ten o Miño”.

A Subdelegada subliñou que todas as administracións debemos “velar por manter estas magnificas relacións entre ambos países senón tamén para que o Miño sexa un lugar de oportunidade para esta comarca española como, estou segura, que  o están a facer tamén os nosos homólogos lusos”.

Larriba tamén tivo palabras de agradecemento para a Armada Española e a Marihna Portuguesa por coidar o Miño e mantelo para o desfrute de todos os veciños e veciñas de ambas beiras do río. “Quero rematar, na língua de Camoes, agradecendo a hospitalidade de nossos irmaos e irmas lusos que nos tem recebo a bordo do patrullero Rio Minho”, concluíu a Subdelegada do Goberno.