O subdelegado do Goberno informa ó alcalde dos investimentos que o Executivo Central está a desenvolver na cidade de Ourense

Imaxe do subdelegado do Goberno e o alcalde de Ourense

19/09/2018


Posteriormente reuniuse coa delegada da Xunta na provincia con quen fixo balance da protección e colaboración de ambas administración en canto ós incendios forestais


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, realizou esta mañá unha visita institucional ao alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez, con quen mantivo unha reunión de traballo. Ambos dirixentes marcaron na axenda como prioritario cuestión diversas como a seguridade da cidadanía e a ratificación de acordos de colaboración entre os Corpos da Policía Nacional e  Policía Local da cidade.

Tanto o subdelegado como o alcalde concederon especial importancia ó seguemento de vítimas de violencia de xénero basada na coordinación que existe entre CNP e Policía Local. Éste tipo de coordinación se enmarca dentro do protocolo establecido no seguemento de vítimas de VIOGEN, no cal a través das mesas de coordinación locais se establece a comunicación, pautas e accións específicas para mellorar a atención das vítimas e sobre todo afondar na prevención.

O subdelegado e o alcalde acordaron establecer de xeito inmediato una xunta de seguridade local, para iniciar canto antes o traballo neste sentido.

Por último abordaron o tema da reactivación e situación actual do Museo Arqueolóxico, onde o Subdelegado informou do compromiso que o Goberno de Pedro Sánchez amosou ó percibir as partidas económicas que nesta priemira fase se precisan, e que facilitaron a fluidez de acción nun proxecto que levaba anos parado.

REUNIÓN COA DELEGADA DA XUNTA

Posteriormente, o subdelegado do Goberno visitou á delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz, con quen fixo balance da coordinación entre os corpos de seguridade e Protección Civil respecto a colaboración para a prevención e extinción dos incedios forestais na provincia. Ambas administracións amosaron satisfacción polas actuacións levadas a cabo ante os últimos incendios.

Ademáis, dado o inicio de recollida de uva, convocarán os próximos días una reunión de coordinación para o control de uva foránea na provincia, na cal participarán, o Subdelegado do Goberno en Ourense, a Delegada Territorial da Xunta, Comisario Xefe Provincial do CNP, Teniente Coronel da Comandancia da Garda Civil en Ourense, Xefe Provincial da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense, Presidentes do Consello Regulador da Denominación de orixe do Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Por último propoñeron futuras reunións para determinar acordos e proyectos a corto e medio prazo que afecten á competencia de ambas administracións.