Os concellos de Pontevedra recuperan as competencias en materia de loita contra a violencia de xénero

Os concellos de Pontevedra recuperan as competencias en materia de loita contra a violencia de xénero

03/09/2018


Maica Larriba anuncia que os municipios disporán de novos recursos económicos para afrontar as súas necesidades en igualdade


A subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, anunciou hoxe que os concellos recuperaron as competencias en materia de igualdade e de violencia de xénero tras a reforma da lexislación feita o pasado día de tres agosto polo goberno de Pedro Sánchez cun decreto-lei.

Maica Larriba, que estivo acompañada pola coordinadora de Benestar Social da Delegación do Goberno en Galicia, María Debén, subliñou en rolda de prensa que unhas das primeiras medidas do novo goberno foi modificar a lexislación para incluír aos concellos nesta materia onde a súa proximidade coas vítimas é fundamental. “O novo decreto estipula unha serie de axudas para que os concellos podan xestionar as súas políticas en violencia de xénero, polo que non se trata dun brinde o sol. O goberno regula novas competencias dos concellos e os dota de recursos económicos para que desenvolvan as súas políticas”, destacou Larriba.

A subdelegada anunciou que para este 2018 os 61 concellos da provincia recibirán máis de 212.000 euros e que no 2019 a cifra se achegará por riba dos 425.000 euros. O reparto faixe en base a unha cantidade fixa de de  689 euros por concello e otra cantidade de 0,18 euros por habitante, tomando como referencia o padrón de 1 de xaneiro de 2017.

Pero ademais a nova normativa establece que os posibles remanentes sexan distribuídos proporcionalmente entre aqueles municipios que estean incorporados as Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (Viogen). Este sistema foi posto en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior en 2007 sendo os seus obxectivos aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrar toda a información de interese que se estime necesaria,  facer predición do risco, atendendo ao nivel de risco, realizar seguimento e protección ás vítimas en todo o territorio nacional,  efectuar un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do "Subsistema de Notificacións Automatizadas", cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima.

Segundo indicou a subdelegada na provincia son 11 os concellos integrados en Viogen (Bueu, Caldas, O Grove, Marín, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía). “Estes concellos poderán contar aínda con máis recursos  unha vez que podan quedar remanentes no reparto nacional das axudas. Por elo fago un chamamento aos alcaldes e alcaldesas para que aqueles que poidan se incorporen a este sistema de información e seguimento dos casos de violencia de xénero”.

Por último, Maica Larriba recordou que neste intre a provincia de Pontevedra conta con 1.044 casos de violencia de xénero activos, dos cales 527 teñen un nivel de risco non apreciado; 403 casos teñen risco baixo, 104 teñen risco medio; nove casos teñen risco alto, e un o risco é moi importante. No que respecta ao reparto do seguimento é de 482 casos de seguimento pola Garda Civil; o Corpo Nacional de Policía de 81 casos; e a unidade da Policía Autonómica 81 casos e, por último, a policía local fai o seguimento de 166 casos.