Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Octubre > Emilio González agradece a José Antonio Pérez o seu labor á fronte da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Lugon
- Gobernuaren Ordezkariordetza Ourensen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Pontevedran
- Gobernuaren Ordezkariordetza A Coruñan
Emilio González agradece a José Antonio Pérez o seu labor á fronte da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense
13/10/2021
O subdelegado do Goberno recibiu esta mañá ao xefe da Policía Autonómica en Ourense, que se despide do cargo con motivo da súa xubilación
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, recibiu esta mañá na Subdelegación do Goberno ao xefe da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma, José Antonio Pérez Estévez, para manter un encontro de despida con motivo da súa xubilación.
O subdelegado do Goberno quixo agradecerlle ao máximo responsable da Policía Autonómica na provincia “o labor desenvolvido durante estes anos en Ourense, especialmente no último ano e medio marcado pola pandemia”. Emilio González tamén resaltou “a boa disposición e total colaboración amosada sempre con esta Subdelegación”.
Por último, Emilio González trasladoulle a José Antonio Pérez os mellores desexos no pase á nova situación.
José Antonio Pérez Estévez ocupa o cargo de responsable da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense dende o ano 2.016, formando parte da mesma dende a súa creación en 1.994.