O Ministerio de Transportes reafirma a posta en valor do Camiño de Santiago co inicio da rehabilitación da ponte medieval de Furelos

O Ministerio de Transportes reafirma a posta en valor do Camiño de Santiago co inicio da rehabilitación da ponte medieval de Furelos

03/12/2020

O proxecto conta cun plazo de execución de seis meses e un investimento de 285.515 euros financiados integramente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

A obra forma parte dun conxunto de actuacións de mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez concellos da Coruña e Lugo

A ponte de Furelos está considerada unha das obras de arquitectura civil máis destacadas do Camiño de Santiago


O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), a través do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, iniciou unha nova actuación de mellora do Camiño de Santiago Francés coa rehabilitación e posta en valor da ponte de Furelos, en Melide. Os traballos iniciais foron supervisados hoxe pola subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; e o alcalde de Melide, Xosé Manuel Pérez.

Acompañados polo concelleiro de Urbanismo, José Antonio Prado; e a directora da Área de Fomento da Delegación do Goberno en Galicia, Ana Quintairos; a subdelegada e o alcalde foron informados polo directora da obra das características e prazos do proxecto, cuxa execución prevista é de seis meses e que conta cun orzamento de 285.515 euros, financiados integramente polo ministerio.

A iniciativa enmarcase dentro da adecuación de tramos do Camiño de Santiago Francés, o que supón a mellora da contorna urbana inmediata, ao seu paso por poboacións, ademáis da recuperación de edificacións e monumentos que garden relación directa coas actividades dos peregrinos.

Para iso, Mitma traballa para que esta e outras intervencións no Camiño de Santiago estén dispostas para os visitantes no próximo Ano Santo, contribuíndo así a dinamizar o turismo e xerar actividade económica local. O investimento global deste programa de intervención de interés cultural no Camiño Francés a Santiago ao seu paso por dez municipios da Coruña e Lugo ascende a case cinco millóns de euros, con actuacións nos concellos de O Pino, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, Monterroso e Pedrafita do Cebreiro.

A intervención na ponte de Furelos, plantexada de maneira respetuosa e sensible, permitirá revalorizar a historia e o patrimonio de Melide, aportando á vez modernidade a un fito na travesía dos peregrinos polo Camiño de Santiago coma é a ponte medieval de Furelos, considerada unha das obras de arquitectura civil máis destacadas da ruta xacobea. Por ese motivo, a proxecto propón unha plataforma que salva o desnivel ata o río onde se poderán realizar actividades de lectura, pesca, contemplación ou aparcamento de bicicletas, para continuar despois a travesía que sempre representa o Camiño de Santiago.

Trátase polo tanto de pór en valor o monumento, mediante a reparación das patoloxías non estruturais, a limpeza e repavimentación da súa superficie, e a creación dun miradoiro, na ladeira sur do río, que sirva coma plataforma de observación da propia ponte e coma punto de descanso para os peregrinos.

Tal como subliñou a subdelegada, a execución da obra demostra o compromiso do Goberno na protección do patrimonio cultural español e enmarcase dentro do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste na execución de obras relevantes de rehabilitación do patrimonio e dotación de equipamentos públicos cos orzamentos propios do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, xa que o Mitma exerce como órgano de contratación dos traballos, de tal forma que no exercicio de 2019 destinou máis de 21 millóns de euros a este programa.

O Ministerio financia tamén outro importante número de actuacións de rehabilitación a través do Programa do 1,5% Cultural, que constitúe un dos instrumentos da Administración Xeral do Estado para responder ao mandato constitucional polo que os poderes públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España.