A subdelegada do Goberno coordina as forzas de seguridade na provincia con motivo do novo estado de alarma

Imagen reunión CECOR

28/10/2020

 Isabel Rodríguez presidiu a reunión na que se fixo seguimento da actuación das forzas de seguridade trala entrada en vigor da limitación da liberdade de circulación polas noites
 A subdelegada apela á responsabilidade cidadá e a colaboración dos lucenses coas autoridades sanitarias para frear a expansión da pandemia na provincia


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe unha reunión do CECOR, o Centro de Coordinación Operativo  da provincia para coordinar e facer seguemento do labor das forzas de seguridade no novo estado de alarma. A reunión, celebrada a última hora da mañá, contou coa participación dos mandos da Policía Nacional e a Garda Civil na provincia, así como o xefe da Policía Local de Lugo e o responsable de Protección Civil da Subdelegación do Goberno.

 

Isabel Rodríguez informou aos mandos das forzas de seguridade da provincia da reunión de coordinación que mantivo onte co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e destacou que é fundamental o traballo coordinado dos distintos corpos de seguridade para asegurar o cumprimento da normativa sanitaria.

 

A subdelegada tamén apelou á responsabilidade cidadá e pediu a colaboración dos lucenses coas autoridades sanitarias para poñer freo á propagación do coronavirus na provincia.

 

A subdelegada lembrou que coa entrada en vigor do novo estado de alarma quedou limitada a liberdade de circulación en horario nocturno, unha restricción que no caso de Galicia mantense entre as 23 e as 6 horas.