O subdelegado de Goberno en Ourense e os Empresarios do Polígono San Cibrao avanzan na creación da comision de seguemento medioambiental do río Barbaña

O subdelegado de Goberno en Ourense e os Empresarios do Polígono San Cibrao avanzan na creación da comision de seguemento medioambiental do río Barbaña

27/09/2018


Emilio González Afonso reúnese co Presidente da Asociación de Empresarios/as do Polígono San Cibrao das Viñas


O subdelegado convocou una reunión coa Asociación de Empresarios do polígono San Cibrao das Viñas, có fin de preparar una comisión para tratar de avaliar e establecer criterios de seguemento, ademáis de levar a cabo propostas de execución e de prevención xunto a campañas informativas dirixidas a todos os sectores, co obxetivo de mellorar a calidade da auga e a recuperación medioambiental do Río Barbaña.

Este foi un dos temas principais na última reunión có Presidente da  Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Jose Antonio Quiroga, polo cal se acordou que tras unha toma de contacto co subdelegado para informar sobre a intención ecolóxica do asunto en relación á dita comisión, se levarán a cabo una serie de reunións periódicas.

O presidente da asociación, Elías Mera amosou colaboración como representante do colectivo empresarial,  interesándose por novas perspectivas e solución de cara a mellorar o medioambiente e de cara a participar nesta comisión de seguemento.