O subdelegado en Ourense subliña a importancia na coordinación e prevención para loitar contra a violencia machista

Rolda de prensa

26/09/2018


As dúas liñas de traballo nas que se destinarán especiais esforzos son a constitución ou reactivación das mesas locais de coordinación institucional e a incorporación dos Concellos ao sistema Viogen


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio Alfonso, destacou hoxe en rolda de prensa  que é vital e urxente a coordinación de forzas e corpos de seguridade, ámbito xurídico, ámbito sanitario, educativo, e administracións competentes para insistir na prevención e perfeccionar os protocolos establecidos. Previamente, o subdelegado leu un manifesto de repulsa e consternación ante os crimes que onte deixaron 4 vítimas mortais, entre elas dúas menores en mans do seu proxenitor.

Durante a rolda de prensa sobre as liñas de traballo do Goberno en materia de Violencia de Xénero, Alfonso  destacou a importancia de que os concellos recuperasen as competencias en materia de igualdade e de violencia de xénero tras a reforma da lexislación aprobada o pasado mes de agosto.

Pola súa banda, María Debén, coordinadora de Igualdade e Violencia de Xénero da Delegación de Goberno en Galicia, insistiu en que a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade absoluta para o Goberno de España e para a Delegación do Goberno en Galicia, como amosa o feito de que unha das primeiras medidas aplicadas foi a modificación da lexislación para devolver competencias aos concellos  nesta materia, na que a proximidade coas vítimas é fundamental.

Neste sentido, o novo real decreto estipula unha serie de axudas para que os municipios poidan xestionar  ás súas políticas en violencia de xénero, polo que non constitúe unha simple declaración de intencións senón que se trata dunha clara mostra da realidade do compromiso do Goberno con esta materia.

Sistema Viogen

A nova normativa establece que aqueles municipios que estén incorporados ó Sistema de Seguemiento Integral de Violencia de Xénero (Viogen) recibirán máis aportación, ao reservarse unha parte do fondo estatal a este fin. Esta aportación adicional para os municipios que participen no Viogen será distribuida proporcionalmente entre os mesmos.

O Sistema Viogen foi posto en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior en 2007 co obxectivo de aglutinar a las diferentes institucións públicas que teñen competencias na materia de violencia de xénero, integrar toda a información de interese que se estime necesaria,  facer predicción de posibles riscos, realizar seguemento eprotección ás vítimas,  efectuar unha laboura preventiva, e emitir avisos a través do "Subsistema de Notificaciones Automatizadas", cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade das vítimas.

Na provincia de Ourense son solo tres os concellos integrados plenamente en Viogen (Ourense, O Carballiño e O barco de Valdeorras). Dende a Subdelegación do Goberno se establecerán os primeiros contactos cos gobernos municipais para  a súa incorporación a este sistema que permite compartir datos ás forzas de seguridade y de protección. Ademais, estos concellos podrán contar con máis recursos na distribución nacional das axudas, polo que a súa incorporación a este sistema alcanza unha mayor transcendencia se cabe.

Dentro das diferentes actuacións previstas para a loita contra a violencia de xénero, no caso concreto de Galicia se estableceron dúas líñas fundamentais de traballo a desarrollar dende as subdelegacións de Gobierno, como son a constitución ou reactivación das mesas locais de coordinación institucional e a posible participación das policías locais, na coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado, na protección das víctimas.

Mesas locales de coordinación

A incorporación das policías locales se plantea fundamentalmente a través do sistema Viogen, mentras que a posta en marcha das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional, prevista en la Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, constitúe un instrumento operativo no  que están representados todos os ámbitos implicados en cada municipio na loita contra a violencia de xénero e ten coma obxetivo optimizar todas as posibles actuacións que se precisen desarrollar.

Normalmente forman parte das mesas, ademáis da representación estatal da Subdelegación do Goberno e a Unidade de Violencia de Xénero da Delegación do Gobierno en Galicia, representantes do Concello, Centro de Atención á Muller, Policía Local, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, centros educativos, servicios sanitarios e servicios sociais, entre outros.

Entre as súas funcións figuran: o establecemento de criterios comúns para a detección e atención en casos de risco, o impulso da posta en marcha de estratexias de sensibilización dirixidas a toda a poboación e/ou colectivos específicos, dar a coñecer as líñas concretas de actuación de cada ámbito ou servizo representado, e analizar as posibles situacións de descoordinación e plantexar as correspondentes propostas de mellora se caben.

Outras medidas do real decreto

Esta lacra se atopa ademáis moi arraigada na zona rural  a nivel de todo o Estado xa que as poblacións españolas con menos de 10.000 habitantes son as que rexistran proporcionalmente un número máis alto de feminicidios al contabilizarse neles o 30 porcento destes crímenes. A mayoría de concellos de Ourense teñen menos de 10000 habitantes, por iso somos una provincia especialmente vulnerable.  Esta circunstancia poñe de manifiesto a necesidade de extender todos os recursos de prevención, de detección e asistenciales, obxetivo no que se atopa inmerso o actual Goberno.

No real decreto de medidas urxentes aprobado en agosto trátase de reforzar a resposta e o apoio dende os concellos, ao ser as institucións máis cercanas ás vítimas e tendo en conta ademáis aspectos tan importantes como o feito de que no 77% dos casos de malos tratos non constaban denuncias anteriores relativas ao clima de violencia na cal vivía a parella.

Neste sentido, ademáis de destinar este ano 20 millóns para os concellos, que serán 40 no 2019, o real decreto incide na protección dos menores, reforza a tutela xudicial para mellorar a participación da vítima no proceso penal, posibilita que as axudas recibidas sexan compatibles con outras de carácter autonómico ou local e amplía os mecanismos de acreditación das situacions de violencia de xénero, de tal xeito que o recoñecemento dos dereitos das vítimas se poderá acreditar polo informe do Ministerio Fiscal, e dos servicios sociais, dos servicios especializados ou dos servicios de acollida.