O subdelegado do Goberno en Ourense participa na Festividade da Patrona de Institucións Penitenciarias no Centro de Pereiro de Aguiar

Entrega dunha condecoracion

24/09/2018

O subdelegado de Goberno en Ourense, Emilio González, clausurou esta mañá os actos conmemorativos da Festividade da Nosa Sª da Merced nun acto institucional celebrado no salón de actos do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar. Ao mesmo aistiron diversas autoridades, como o  Presidente da Audiencia Provincial, o Teniente Fiscal de Ourense, Vicepresidente da Deputación, o Comisario Xefe do CNP, Comandante da Garda Civil,  entre outras.

O subdelegado quiso poñer en valor a importante laboura que para a nosa sociedade ten o bo funcionamento do centro penitenciario. Tamén destacou a coordinación dos corpos e forzas de seguridade e ás asociacións colaboradas, coma a de Érguete, premiada no acto. Ademáis sinalou o compromiso que a tradición do centro de Pereiro concedeu dende fai anos á reeducación e reinserción, poñendo na vanguardia das iniciativas penitenciarias a súa xestión. Así mesmo, con emotivas palabras quiso poner o acento na capacidade de adaptación das persoas, lembrando que o determinismo non ten cavida, senón que, dende o goberno que representa se apoiará sempre a capacidade de cambio para conseguir a reinserción plena.

Pola súa parte, o Director accidental do Centro Penitenciario ofreceu unas palabras en agradecimento a tódalas asociación e institucións que colaboran para que o centro optimice o seu funcionamento. Así mesmo, recoñeceu o traballo dos funcionarios e resaltou a figura dos/as premiados/as.

Entre os premiados e premiadas o Subdelegado entregou a mención especial e recoñecemento a título póstumo á viúva do Doutor Ventura Ferrer Castro pola súa traxectoria no centro Penitenciario Pereiro de Aguiar implantando importantes programas médicos novidosos e sen precedentes no seu día, con resultados positivos na mellora e calidade de vida das persoas.